Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ampla presenza tecnolóxica no I Encontro Con Empresas do Campus de Ferrol
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ampla presenza tecnolóxica no I Encontro Con Empresas do Campus de Ferrol

S. P.
Publicado: 04/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

escola_politecnica_de_enxenaria_de_ferrol_reune_este_venres_a_mais_de_20_firmas_de_toda_galicia_no_seu_i_encontro_con_empresas.jpgA Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) reúne este venres 7 de febreiro, a partir das 9.30 horas, máis de 20 firmas de toda Galicia no seu I Encontro Con Empresas, unha iniciativa dirixida a todo o alumnado de grao e de mestrado deste centro da Universidade da Coruña (UDC). En palabras da organización, este encontro “preséntase como un espazo idóneo para coñecer cales son os perfís profesionais máis demandados polas empresas do sector, así como para ser entrevistado ou entrevistada e optar a unha bolsa de prácticas ou mesmo a unha vacante”.
O subdirector de Prácticas, Emprego e Mobilidade da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Marco Campo, coordina este I Encontro Con Empresas no que participarán, con cadanseu stand, firmas tecnolóxicas como Tecdesoft, Accenture, Septentriotech ou Polygon-e, centrada no deseño de software.
Tamén estarán presentes Navantia, Ghenova, Qatro, Russula, Aluman, Acebron, Gabadi, Fridama, Monmega, Quest Global, FINSA, Grupo Intaf, Invall, San Juan Cimentaciones, Abance, COFRICO, Electro – Rayma, Techno Pro Hispania ou GT Artabria, entre outras.
A maiores, o programa da xornada inclúe dúas mesas redondas. Na primeira delas, titulada Retos para as Enxeñarías 2030 e prevista para as 9:45 horas, intervirán o responsable de Transformación Dixital e Industrial de Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade; o director da Oficina de Ferrol de Ghenova, Gabriel Baña; o director de Enxeñaría en Russula, Ángelo López; e o responsable da Área de Desenvolvemento en Qatro, Juan Ferro. A segunda mesa levará por título Hai vida máis alá das grandes empresas e dará comezo ás 13:15 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?