Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae ofrécenos a 16ª convocatoria do seu curso sobre Power BI e modelado áxil de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae ofrécenos a 16ª convocatoria do seu curso sobre Power BI e modelado áxil de datos

S. P.
Publicado: 04/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vitae_power_bi_consultores_4.jpgA consultora galega Vitae volve ofrecer esta tempada unha nova oportunidade para formarnos nas máis avanzadas posibilidades de Power BI, compendio de ferramentas con amplo potencial para axudarnos a tomar as mellores decisións mediante a máis óptima relación de traballo cos datos: Power BI permítenos conectarnos de xeito doado ás nosas fontes de datos, visualizalos, descubrir ao momento o máis relevante e compartilo de contado con calquera persoa do noso equipo.
A 16ª edición do curso Microsoft Power BI: Modelado de Análise de Datos está especialmente indicado para mellorar, axilizar e optimizar o noso traballo de desenvolvemento.
vitae_consultores_power_bi_3.jpgO curso, válido para obter a Certificación PL-300, terá 30 horas de duración e celebrarase ao longo dos días 10, 12, 14, 17, 19, 20 , 24, 26 e 28 de marzo. Novamente artellarase en seccións de explicación teórica sobre os conceptos e exercicios para poñer en práctica os coñecementos. Segundo explica Vitae, a formación en Power BI require coñecementos teóricos para desenvolver habilidades co manexo da aplicación.
Esta actividade formativa ten o obxectivo de ilustrar aos asistentes sobre un dos recursos máis destacados e populares dos que podemos botar man para tomar as mellores decisións nos negocios: Power BI, unha solución formada por un conxunto de ferramentas que permiten obter datos de moi diversas fontes, integralos e convertelos logo en información útil e rendible que pode ser compartida en eficaces ferramentas de visualización e colaboración.
vitae_power_bi_2.jpg Vitae explica que o programa do curso segue o itinerario formativo recomendado por Microsoft para garantir a calidade dos contidos impartidos e para capacitar aos asistentes no uso de Power BI.
Ademais, este curso capacita para preparar aos alumnos que de maneira opcional desexen presentarse ao exame oficial de certificación Power BI de Microsoft.
Este curso está dirixido a todas as persoas interesadas en aprender o manexo de Microsoft Power BI, analistas de datos, de negocios e persoas que queiran entrar na industria da analítica e que teñan experiencia previa no uso doutras ferramentas de informes, como as táboas dinámicas de Microsoft Excel, desexen ou non certificarse. Ademais, este curso tamén está dirixido a quen de maneira opcional desexen realizar o exame de certificación Microsoft PL-300 de Power BI.
O curso desenvolverase en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
vitae_consultores_power_bi_1.jpgSerá impartido por Alejandro Ayala, formador e consultor de Power BI, con longa experiencia nesta ferramenta e en achegar recursos formativos sobre a mesma (dende hai máis de 5 anos). Alejandro está recoñecido como Microsoft Certified: Data Analyst Associate, Lean SixSgmaGreen Belty e máster en Business Intelligence e en Loxística Integral. Experto en Microsoft Power BI, Certificado MVP de Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España, ademais impartiu formación a diversas empresas tanto a nivel nacional como internacional. É co-organizador da comunidade Power BI de Barcelona con máis de 1.400 membros e que organizan eventos e relatorios de prestixio nacional e internacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?