Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant estrea unha serie que reivindica o papel da muller no desenvolvemento tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant estrea unha serie que reivindica o papel da muller no desenvolvemento tecnolóxico

S. P.
Publicado: 05/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_tech_talks.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant, dando un paso máis na súa aposta por mostrar e poñer en valor o papel da muller no desenvolvemento tecnolóxico, estreou esta semana o ciclo de charlas e debates Tech Talks: con perspectiva de xénero, serie audiovisual con catro entregas que recollen as reflexións e opinións de diferentes tecnólogas, abordando cuestións candentes sobre innovación, retos, futuro e liderado.
Tech Talks: con perspectiva de xénero lévase a cabo grazas ao apoio dos proxectos TRUMPET e PlatGDIA e estreouse este martes 4 de febreiro na canle de Youtube de Gradiant ás 19:00h (CET) coa primeira entrega: Innovación. O resto de capítulos, Retos, Futuro e Liderado publicaranse os martes 11, 18 e 25 de febreiro respectivamente.
Antecedentes
Gradiant quere facer fronte a un dos grandes do desenvolvemento tecnolóxico dos nosos días: a fenda de xénero, que, lonxe de acurtarse, acentuouse dende a pandemia. O centro tecnolóxico vigués faise eco do estudo Mujeres e Innovación 2024 do Observatorio Mujeres, Ciencia e Innovación, no que se di que o 61,3 por cento das compañías TIC españolas non ten contratada ningunha muller. Precisamente este ciclo púxose en marcha para abordar estas cuestións, no que tecnólogas da organización Gradiant e da Universidade de Vigo abordan temas clave en tecnoloxía desde a súa experiencia.
“Nesta serie de catro episodios exploramos a innovación, os retos do sector, o futuro das mulleres en STEM e o liderado feminino. Cada unha destas conversacións axúdanos a visibilizar experiencias diversas e a reflexionar sobre que pasos podemos dar para construír un sector máis equitativo”, explican dende o centro tecnolóxico vigués, engadindo que as profesionais e investigadoras que participan comparten como se percibe a integración da IA nos procesos produtivos (bagaxe adquirida, por exemplo, a través do proxecto de Gradiant PlatGDIA, enfocado ao desenvolvemento de IA e xemelgos dixitais no ámbito industrial). Tamén comparten a problemática acerca dos rumbos nos datos utilizados, un asunto que pode perpetuar desigualdades (obxectivo do proxecto TRUMPET).
Na primeira edición de ‘TechTalks: con perspectiva de xénero participan Marielena Márquez, enxeñeira-investigadora e responsable de Industria en Gradiant; Isabel Burdon e Adriana Febles, da área de Comunicacións Avanzadas; María Navarro, da área de Sistemas Intelixentes e Shenia Kuchumova e Eva Sotos da área de Seguridade e Privacidade.
O proxecto europeo TRUMPET e o proxecto PLATGDIA financian esta actividade para dar visibilidade ao papel da muller en tecnoloxía.
TRUMPET recibiu fondos da acción de investigación e innovación Horizonte Europa da Unión Europea en virtude do acordo de subvención Nº 101070038.
PLATGDIA está financiado por CDTI dentro do Programa Transmisións 2023, e conta co apoio da Comisión Europea a través dos Fondos Next Generation e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?