Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Arquivo Sonoro percorre cunha xornada a historia do rexistro do son en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Arquivo Sonoro percorre cunha xornada a historia do rexistro do son en Galicia

S. P.
Publicado: 05/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_ccg_a_arte_do_rexistro_sonoro.jpgOs grandes nomes que marcaron a historia galega do rexistro sonoro serán en boa medida as e os protagonistas, este xoves ás 17.00 horas, da xornada A arte do rexistro sonoro en Galicia: dispositivos, espazos e personaxes, organizada polo Arquivo Sonoro de Galicia, centro do Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta da institución, Rosario Álvarez, máis o coordinador da xornada e director do ASG, Alejo Amoedo, inauguran esta cita que contará coa participación de Carlos Martín e Julio Gómez. A sesión é presencial pero pódese seguir en directo desde o web do CCG e dende a canle de seu en Youtube.
A xornada comeza comezará cunha intervención de Julio Gómez que, baixo o título A historia do rexistro sonoro en Galicia desde Domingo Martínez de Presa ata Ana Kiro ofrecerá unha panorámica da historia do rexistro sonoro, partindo do século XVII con Domingo Martínez de Presa (onde os enxeños como os instrumentos de corda movidos por auga, rodas articuladas que permiten a xeración de sons, son os protagonistas) e rematando coas cintas de casete e a polifacética Ana Kiro e polo medio citará outros nomes propios (Maruxa Boga, Maruxa Villanueva, Perfecto Feijoo….) ao tempo que afondará nunha escolma representativa de dispositivos de reprodución mecánica, así como dos formatos de rexistro dos máis singulares.
No segundo relatorio, o especialista en patrimonio sonoro e un dos maiores coleccionistas de disco de lousa de España, Carlos Martín, realizará un percorrido polas demostracións fonográficas en España tras o impacto provocado pola aparición do invento de Thomas Alva Edison, antes de que se establecesen os gabinetes fonográficos. Na súa intervención fará especial fincapé en Galicia, con documentos inéditos e unha gran recompilación de novas.
O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) é un centro do Consello da Cultura Galega que ten como labor esencial a recuperación do patrimonio oral e musical galego. A recompilación de gravacións sonoras procedentes de arquivos particulares, institucións, colectivos ou compañías discográficas; a preservación do fondo sonoro en condicións óptimas; a súa catalogación e dixitalización, e a difusión a través de proxectos como Caligrafías musicais constitúen os eixes centrais da actividade do ASG. Coordinado por Alejo Amoedo Portela, ten como membros a Julio Alonso Monteagudo, Beatriz Cancela Montes, Xaime Estévez Vila, Concha Losada, Luciano Pérez Díaz e Cristina Pujales Prats.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?