Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor Salgado: “As redes sociais como Meta ou X deben comprometerse a protexer todos os dereitos das persoas”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor Salgado: “As redes sociais como Meta ou X deben comprometerse a protexer todos os dereitos das persoas”

S. P.
Publicado: 05/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

victor_salgado-arquivo-1.jpgO bufete galego Pintos & Salgado, especializado en dereito dixital, compartiu un novo informe sobre a realidade actual das novas tecnoloxías afondando novamente nos aspectos legais que debemos ter en conta destas novidades. Desta volta poñen o foco en como algúns destes grandes servizos tecnolóxicos (Meta ou X) están a comprometer coas súas máis recentes decisións os dereitos fundamentais das persoas e a súa liberdade de expresión. Así nolo conta o avogado Víctor Salgado, especializado en ciberseguridade e protección de datos, que analiza a polémica decisión de rescindir o sistema de verificación de contidos de Meta, “un sistema que, coas súas deficiencias, axudaba a loitar contra a desinformación”.
Modelos de verificación
O avogado lembra que ata este 2025, o ecosistema dixital contaba con dous modelos de verificación de contidos opostos: as notas de comunidade de X, onde o usuario é o encargado de etiquetar os bulos e denuncialos, fronte ao sistema de verificación externa de Meta, con fact-checkers profesionais que comprobaban os contidos e os moderaban. Porén, recorda, “o inicio do novo ano e a toma de posesión de Donald Trump traen novidades en materia tecnolóxica: agora xa só impera o modelo implementado por Elon Musk na súa plataforma, X, dentro de Estados Unidos”.
O avogado opina que “sen ser perfecto, o sistema de moderación de contidos de Meta permitía loitar contra a desinformación e os contidos nocivos que atopamos nas redes sociais. E contar con procesos así é algo esencial para evitar a polarización da esfera pública e os ataques a dereitos fundamentais na Rede”. Para Salgado, a decisión non só implica malas noticias na calidade do debate democrático, senón que “supón pensar que a liberdade de expresión non ten límites”, cando en realidade estes atópanse “nos dereitos e liberdades dos demais”. Continúa o experto en Dereito Dixital: “Todos temos dereito a emitir e recibir información, pero sempre que sexa veraz. Se é desinformación ou contidos falsos, a liberdade de expresión non ampara a ninguén, e menos se con ela son agredixdos os dereitos fundamentais de imaxe, honra e privacidade doutra persoa”.
Baixo a análise de Pintos & Salgado, a decisión de implantar un modelo de notas da comunidade, co usuario como principal xestor e verificador dos bulos, “perverte o obxectivo da moderación; as plataformas tecnolóxicas non poden eliminar a súa responsabilidade á hora de eliminar e revisar os contidos que se propagan nas súas redes sociais”. Entre os principais riscos que entrañan as notas de comunidade, a suplantación de usuarios mediante bots dixitais, cos seus ciberataques coordinados, sitúase á cabeza como unha das prácticas que impiden “unha etiquetaxe de calidade” e unha xestión “eficaz”, sinala, engadindo que en Europa o sistema de verificación de Meta continúa vixente “polo enorme risco de incumprimento legal de, entre outras normativas, a DSA ou Lei de Servizos Dixitais, que impoñería sancións económicas de gran volume a calquera plataforma que non tivese mecanismos de moderación e resposta a bulos, información daniña ou outro contido prexudicial polo seu fomento de odio”.
Entre as claves deste problema desenvólvese unha máxima: non existe un consenso claro sobre como xestionar adecuadamente os contidos en redes sociais. Pero para Víctor Salgado a solución está moito máis alá da maneira de verificar a veracidade do que se envorca nas plataformas. “O cambio ha de ser dobre. Primeiro, necesitamos que nos espazos educativos, desde colexios a institutos e universidades, sexamos instruídos no uso responsable das tecnoloxías; en como o que dicimos na Internet ten un impacto nos demais”.
arquivo-rrss-fotografia_autoria_de_edar-1.jpg “A segunda”, contextualiza Salgado, “é traballar no redeseño dos algoritmos das redes sociais. Estableceuse un modelo que pugna pola nosa atención, que busca que permanezamos na plataforma. E para iso prímase, sempre, o contido moi rechamante, que a maior parte das veces coincide co máis radical. Os algoritmos favorecen as mensaxes máis polémicas e ocultan os contidos máis sosegados”. Ese é o principal problema para o avogado especializado en Dereito Dixital: o relevante é xerar interaccións, mesmo aínda que participen personaxes extremos.
Fronte a isto, “necesitamos novos algoritmos que primen e visibilicen a sensatez, a menor radicalidade, o pensamento reflexivo. Pero supón ir en contra do interese económico das plataformas e o seu modelo de negocio. Perderían a nosa atención, é certo, pero gañariamos como sociedade e como democracia moitísimo máis”, conclúe Salgado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?