Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ANPA do IES de Coroso (Ribeira) programou en maio obradoiros para garantir usos positivos das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ANPA do IES de Coroso (Ribeira) programou en maio obradoiros para garantir usos positivos das redes sociais

S. P.
Publicado: 06/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

estamos_conectados_anpa_caramecheiro.jpgA ANPA Caramecheiro Nº1 de Ribeira segue adiante coa súa completa axenda de actividades destinadas a mellorar a convivencia e a aprendizaxe en positivo, ademais do respecto nas aulas e a comunicación, achegando recursos que poidan ser extrapolados a outros centros. En maio a comunidade de nais e pais do instituto de Coroso vai poñer o foco na necesidade de fomentar experiencias dixitais saudables e enriquecedoras. “A adolescencia é unha etapa clave para aprender a xestionar as redes sociais e os medios dixitais”, sinalan dende ANPA, que organizará xornadas sobre esta cuestión os días 13, 14 e 15 de maio, contando coa presenza activa de Sara de Santos, informática especializada en RRSS.
Sara impartirá a familias, docentes e alumnado de 2º da ESO do IES Nº1 de Ribeira obradoiros sobre redes sociais baixo o epígrafe Estamos conectados.
O obxectivo é “proporcionar ferramentas e coñecemento ao alumnado e ás súas familias para navegar polo entorno dixital de maneira segura, emocionalmente saudable e efectiva”. Ademais, poderán ver de primeira man a manipulación á que está sometida a sociedade actual por parte das empresas e medios.
Ao alumnado aprenderáselle como funcionan as redes sociais (algoritmos, privacidade e seguridade) e o seu impacto emocional (xestión do tempo, saúde mental e como garantir unha relación saudable coas redes sociais) e mostraránselles técnicas para protexer a privacidade e evitar o ciberacoso e testemuñas dun artista convidado (a través dunha videochamada, artistas emerxentes compartirán cos asistentes como as redes sociais inflúen na su vida e carreira, así como os procesos que viven para xestionalas).
Ás familias ensinaráselles a entender o entorno dixital no que interactúan os seus fillos e filla, como acompañalas/os no uso saudables desas plataformas e que ferramentas empregar para protexer aos adolescentes no entorno dixital. Achegarase un diálogo aberto no que responder dúbidas e preocupacións.
Esta actividade será financiada pola Secretaria Xeral de Igualdade coas axudas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?