Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o día 12 unha conferencia sobre ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o día 12 unha conferencia sobre ciberseguridade

S. P.
Publicado: 06/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_ciberseguridade_para_todos_bertamirans.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza para o vindeiro mércores, 12 de febreiro, unha conferencia sobre ciberseguridade. A actividade desenvolverase en horario de 18.30 a 19.30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Impartiranse nocións para coñecer as posibles ameazas e perigos da internet na actualidade, así como ferramentas e consellos para protexernos.
A entrada é aberta a todas as persoas que queiran acudir. Previamente, ás 18.00 horas, realizarase a clausura e entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas.
Nun plano máis concreto, algúns dos temas que se abordarán en dita conferencia serán que é a ciberseguridade, a importancia da ciberseguridade, as principais amezas que existen (malware, phishing, ransomware), consecuencias dun ciberataque (perda de diñeiro, roubo de identidade, danos a reputación persoal ou profesional) e como che poden atacar a través de suplantación de identidades (phishing), das redes sociais ou accedendo a un servizo de Wi-Fi público. Ademais, impartiranse consellos básicos para poder protexernos de ditos ataques (contrasinais seguras, autenticación en dous pasos, actualización de software, instalación de antivirus, coidado coas ligazóns e arquivos adxuntos); seguridade en dispositivos móbiles; e protección da privacidade online. Por último, farase un repaso dos puntos claves e achegaranse uns consellos finais. Tamén haberá tempo para posibles preguntas.
Clausura dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias
Por outra banda, ese mesmo día, ás 18.00 horas, realizarase a clausura e entrega de diplomas dos cursos de alfabetización dixital nas parroquias, que comenzaron no pasado mes de outubro. Estes cursos foron impartidos en Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño, e neles participaron 25 persoas. As formacións buscaron achegar á veciñanza das parroquias ao desenvolvemento dixital.
O temario destes cursos de 25 horas abrangueu nocións de alfabetización informática, ofimática básica e mecanografía, xestión persoal na internet (uso do correo electrónico, cita médica, banca online, declaración da renda, compras seguras pola Internet, buscas fiables de información, etc) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos…).
As actividades impartíronse nos locais sociais de Covas, Augapesada, Tapia e Ortoño. Os martes o curso impartiuse en Covas (en horario de 16:15 a 18:15 horas). En Augapesada a formación desenvolveuse os mércores (de 16:00 a 18:00 horas). O xoves as clases foron en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas). Para rematar, os venres desenvolvéronse no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?