Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense lanza a web do seu servizo de publicacións e activa o botón de escoita no BOP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense lanza a web do seu servizo de publicacións e activa o botón de escoita no BOP

S. P.
Publicado: 06/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_ourense_2050206_webpublicacions.jpgA Deputación de Ourense puxo en marcha dúas iniciativas a prol da accesibilidade dixital en relación coa cidadanía: por unha banda a renovación da páxina web do Servizo de Publicacións, onde se poderá atopar o catálogo editorial da institución, que recolle todo o que publicou ata o momento a Deputación. Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) estrea un botón de “escoita” para acceder aos edictos en formato audio.
A web do Servizo de Publicacións da Deputación trátase dunha nova ferramenta dirixida a facilitar o acceso e a compra de obras científicas, artísticas, literarias ou musicais, tanto de autores ourensáns como de outros divulgadores da realidade de Ourense. A Deputación ten editados case 600 títulos e a web pretende facilitar a compra online destas obras, que ata agora podíanse mercar a través de librarías ou da propia oficina de publicacións.
Na web pódese consultar o catálogo editorial de diferente formas: por palabras chave, por autor, título ou ano de publicación. Ademais, é posible acceder a diferentes categorías ou temas aos que se refiren as publicacións, como a provincia en imaxes, biografías e personaxes de Ourense, compilacións de artigos publicados en prensa, emigración, patrimonio ou termalismo.
Ademais, o Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) estreou unha nova ferramenta dixital accesible na súa web, que fornece dunha funcionalidade que permite escoitar tanto o índice coma os edictos do BOP. A área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense destacou a “gran utilidade” deste sistema de escoita para persoas con algún tipo de discapacidade ou simplemente para o público en xeral.
A institución provincial explicou que “o botón de escoita, dispoñible ao inicio da páxina oficial e en todos os edictos, supón unha mellora en accesibilidade dixital, xa que ofrece unha mellor experiencia ao maior número posible de persoas, incluídas aquelas que teñan algunha discapacidade como, por exemplo, persoas con discapacidade visual, pero tamén outros usuarios do boletín que teñan dificultades neurocognitivas ou discapacidades intelectuais”.
O sistema de audio pódese empregar a través dun botón disposto en cada unha das ventás da edición dixital do BOP. Ao premer no botón “escoitar”, o usuario pode escoitar ao completo o contido da páxina web onde se atope (índice ou edictos), con funcionalidades que inclúen tamén a posibilidade de cambiar a velocidade de lectura, así como saltos cara adiante.
Dende a Área de Transparencia e Goberno Aberto infórmase tamén que están a traballar noutra funcionalidade que complemente a que agora se presenta, e orientada a facilitar a navegación integral a persoas con outros tipos de capacidade. O obxectivo é “chegar ao 100% da poboación con independencia da súa capacidade ou condición física”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?