Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC e o Concello de Santiago achegan mancheas de obradoiros na nova edición de Unha enxeñeira en cada cole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC e o Concello de Santiago achegan mancheas de obradoiros na nova edición de Unha enxeñeira en cada cole

S. P.
Publicado: 07/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

moza_muller_programadora_computadora.jpgO programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole, organizado pola Oficina de Igualdade de Xénero da USC en colaboración co Concello de Santiago, arrincou este xoves 7 de febreiro a súa décima edición no compostelán CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei. Alí tivo lugar o obradoiro Física Divertida que impartiron as profesoras e investigadoras da Área de Física Aplicada da USC María José Pérez Comuñas, María Jesús García Guimarey e Encina Calvo Iglesias. A axenda inclúe ducias de obradoiros sobre as máis variadas disciplinas, incluídas a supercomputación, as matemáticas ou a informática aplicada á tecnoloxía.
O programa, encadrado nas celebracións do 11F (Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), ten como finalidade “facer visible o labor das enxeñeiras e científicas para crear referentes femininos e incentivar a presenza de rapazas en carreiras relacionadas coas disciplinas coñecidas como STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), coa realización de obradoiros didácticos destinados ao alumnado de 4º de primaria en colexios públicos do concello”.
Nesta décima edición están previstos 15 obradoiros nos que participarán nenas e nenos de cuarto curso de Primaria dos colexios públicos de Santiago Mestre Rodríguez Xixirei, Cardeal Quiroga Palacios, Pío XII, Vite, López Ferreiro, Lamas de Abade e Roxos. Todos eles están coordinados por Encina Calvo Iglesias e impartidos por profesoras investigadoras da USC de diferentes áreas (Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial, Electrónica e Computación, Enxeñería Química, Física Aplicada, Química Inorgánica, Química Orgánica, Química Analítica, Óptica), técnicas superiores de apoio á investigación do CiQUS e investigadoras do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
O seguinte centro educativo en participar neste programa será o Pío XII o 17 de febreiro, co obradoiro Xogando coa luz das profesoras e investigadoras da área de Óptica Carmen Bao Varela, Mª Teresa Flores Arias e Ana Isabel Gómez Varela. O día seguinte terá lugar Será ou non será? Xogando coa probabilidade, impartido pola profesora e investigadora Rosa Crujeiras da Área de Estatística e Investigación Operativa da USC e directora científica do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA).
Tamén en febreiro serán as sesións do CEIP de Roxos, con Química ao noso redor impartido o día 19 polas profesoras e investigadoras Mercedes Torneiro Abuín e María Tomás Gamasa da Área de Química Orgánica e Lume no Monte da profesora e investigadora Otilia Reyes Ferreira, do Departamento de Ecoloxía da USC, coas alumnas Laura Mareque Liste, Paula López González e María Bouso Posada o día 26.
O Quiroga Palacios contará os días 25 e 26 cos obradoiros Só facemos química cando imos ao laboratorio? das profesoras Mª Raquel Domínguez González do Departamento de Química Analítica e Ana Mª García Deibe do Departamento de Química Inorgánica e Informática visual aplicada á bioloxía da profesora Eva García Cernadas área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC e investigadora do CITIUS, e a alumna Clara Álvarez. O 27 acollerá Xogando con modelos matemáticos, impartido pola profesora María del Pilar Salgado Rodríguez da área de Matemática Aplicada.
A maxia da Química, impartido pola profesora Mª Dolores Pérez do Departamento de Química Orgánica e directora adxunta do CiQUS coas técnicas superiores de apoio á investigación Laura Acevedo e Noela Torrente do CiQUS, será o obradoiro do día 26 no colexio de Vite.
Mes de marzo
No CEIP de Prácticas López Ferreiro terán lugar tres obradoiros o 20 de marzo: Luz, cor e sombra, impartido polas profesoras da Área de Óptica María Elena López Lago e María Dolores Mouriz Cereijo; Mosaicos, grupos e baldosas: como deseñar o chan máis bonito do mundo, a cargo da profesora Ana Belén Rodríguez Raposo da Área de Didáctica da Matemática; e Facendo economía rosquilla, de Eva Aguayo Lorenzo, da área de Economía Cuantitativa.
Tamén o 20 de marzo no CEIP Lamas de Abade serán os obradoiros Falando cos superordenadores das investigadoras do CESGA Cecilia Grela Llerena, María José Rodríguez Malmierca, Lorena Fernandez Fernandez, Irais Bautista Guzmán, Mariamo Mussa e Ana María Labrador García; e Química Divertida, impartido pola profesora Magdalena Cid Fernández, da área de Química Orgánica da USC. Xa o 24 será a quenda de Exploramos para que non nos conten trolas? impartido pola profesora Paula Saavedra Nieves, do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?