Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN celebra o 11F reivindicando as importantes contribucións das nosas científicas e tecnólogas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN celebra o 11F reivindicando as importantes contribucións das nosas científicas e tecnólogas

S. P.
Publicado: 07/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nenas_e_mozas_e_mulleres_na_ciencia.jpgO 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, a proposta da Asemblea Xeral das Nacións Unidas para recoñecer o papel clave que desempeñan na comunidade científica e tecnolóxica e acadar o acceso pleno e en igualdade de condicións ao ámbito STEM. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) sumouse de cheo a esta celebración, e faino en positivo: “En Galicia, ao redor do 40% do persoal dedicado a I+D e do persoal investigador está formado por mulleres, unha cifra que está a medrar nos últimos anos”, explica o organismo autonómico que dirixe Carmen Cotelo.

Casos de éxito de mulleres na ciencia

Na Axencia Galega de Innovación aproveitaron a inminencia da dita celebración do 11F para render homenaxe ás máis de 5.600 mulleres dedicadas a tarefas de I+D, achegando algún exemplo de investigadoras galegas que lideran proxectos de investigación ou encabezan iniciativas empresariais nacidas dos resultados da investigación. O obxectivo é ofrecer referentes ás nenas e mozas que lles sirvan de modelo e inspiración, ademais de poñer en valor a súa contribución ao avance da ciencia e da tecnoloxía e, por conseguinte, á mellora da calidade de vida das persoas. A listaxe de mulleres visualizadas por GAIN está formada polas seguintes científicas e tecnólogas:
· María de la Fuente e Abi Judit Vázquez, fundadoras de Diversa Technologies, spinoff do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago de Compostela e do SERGAS, dedicada á comercialización de nanotecnoloxía para a liberación controlada de fármacos e biomoléculas terapéuticas para acelerar o desenvolvemento de medicamentos innovadores e cubrir necesidades médicas non satisfeitas. Diversa foi apoiada polo programa Ignicia da Xunta de Galicia e recoñecida con numerosos premios.
· Tania Grandal, investigadora principal do proxecto Frontier de Aimen, apoiado polo programa Ignicia, no que están a desenvolver sensores de fibra óptica (FOS) que resistan ambientes extremos, principalmente moi altas temperaturas e ambientes corrosivos, para dotar de máis eficiencia ás infraestruturas industriais en contornas hostís, como as que se atopan nos sectores aeronáutico, enerxético, petróleo e gas.
· Elena Ojea Fernández-Colmeiro, investigadora Oportunius no Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo, desenvolve a súa investigación sobre o impacto do cambio climático en sistemas pesqueiros de todo o mundo e as mellores opcións para garantir a súa sustentabilidade a longo prazo, gañadora dunha ERC Starting Grant do Consello Europeo de Investigación.
· Olalla López Costas, investigadora Ramón y Cajal no CRETUS da Universidade de Santiago de Compostela, está a desenvolver un proxecto de investigación apoiado por unha Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación sobre a contaminación ambiental por metais a través da análise de restos humanos arqueolóxicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?