Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O ITG coordina probas de voos con drons de vixilancia portuaria en PortCastelló
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O ITG coordina probas de voos con drons de vixilancia portuaria en PortCastelló

S. P.
Publicado: 07/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg-castellon_51_.jpgA Autoridade Portuaria de Castelló acolleu esta semana unha demostración do uso de drons en contornas portuarias dirixida polo centro tecnolóxico galego ITG (siglas de Instituto Tecnolóxico Galego), con sede na Coruña. Nela realizáronse probas sobre casos de uso con drons autónomos, a fin de avaliar o potencial da súa implantación na contorna portuaria. En concreto, púxose en práctica a tecnoloxía desenvolvida por ITG para as operacións autónomas de drons e a súa integración segura no espazo aéreo, a través da súa plataforma DroneSuite e o seu hangar robotizado DroneSafeBox.
O obxectivo das probas é “demostrar as capacidades específicas e facilitar ao porto de Castelló un primeiro contacto con esta tecnoloxía de operacións con vehículos non tripulados (UAV) autónomos e desatendidos, permitindo aliñar necesidades e aplicacións destas tecnoloxías para os casos de uso do porto”, sinalou o ITG.
O presidente de PortCastelló, Rubén Ibáñez, destacou que “dados os bos resultados da aplicación desta tecnoloxía en portos como o da Coruña ou Ferrol, queriamos valorar in situ as vantaxes da súa implantación no porto de Castelló adaptándoas ao terreo e ás nosas necesidades, xa que o seu uso permitirá gañar en seguridade e daranos un maior control das operativas”. Engadiu que “o emprego de drons para o servizo de vixilancia e para a supervisión das infraestruturas e as operacións portuarias vai medrar nos vindeiros anos polas súas amplas capacidades en materia de seguridade e vixilancia, dominio público, emerxencias ou control ambiental, e non queriamos ficar atrás”.
Pola súa banda, Analía López Fidalgo, directora de Sensórica e Sistemas Aéreos non Tripulados de ITG, explicou que “estas probas dan continuidade ás realizadas recentemente nos portos da Coruña e Ferrol, nas que coordinamos a demostración de seis casos de uso na contorna portuaria despregando ante medio centenar de empresas e entidades públicas as posibilidades da nosa tecnoloxía de control de drons autónomos que operan 24×7”.
itg_probas_castellon.jpgLópez Fidalgo engadiu que “desde ITG poñemos ao dispor de PortCastelló a IA, a robótica, a electrónica e as comunicacións que permiten que as operacións con drons sexan automatizadas, seguras, integradas no espazo aéreo e viables economicamente”.
Drante a misión realizouse unha vixilancia exhaustiva do perímetro do porto de Castelló a fin de identificar posibles anomalías ou intrusións e avaliar o estado das infraestruturas para garantir a seguridade das instalacións. En canto a inspección de provisións e ocupación de superficies, nas probas supervisáronse as áreas de provisión do Porto de Castelló, asegurando un control eficiente dos materiais almacenados, ao obxecto de optimizar a xestión de recursos e detectar hipotéticas irregularidades no almacenamento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?