Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A web do Museo de Pontevedra reúne todos os seus recursos e contidos sobre Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A web do Museo de Pontevedra reúne todos os seus recursos e contidos sobre Castelao

S. P.
Publicado: 10/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

museo_pontevedra_deputacion_castelao-491x450.jpgO sitio web do Museo de Pontevedra prosegue este mes de febreiro o seu intenso traballo dirixido a reivindicar o legado de Castelao, coincidindo coa celebración (este 2025) do 75 cabodano do falecemento do escritor rianxeiro en Bos Aires. A semana pasada, o Museo confirmou a posta en marcha dun espazo web no que reúne todos os recursos sobre o autor de Sempre en Galiza para poñelos a disposición da sociedade.
Desde a consulta das preto de 2.000 obras que conforman a colección de fondos artísticos do intelectual galeguista custodiados no inmóbel, ata as actividades que se desenvolven este ano, pasando por todos os recursos dixitais e impresos lanzados polo Museo, poden consultarse na web do Museo de Pontevedra.
A Deputación lembra que o artista, escritor, intelectual e político galeguista estivo intimamente ligado ao Museo de Pontevedra desde os seus inicios: foi un dos seus patróns fundadores e nel custódiase unha parte fundamental do seu traballo artístico, ademais da súa biblioteca, documentos e obxectos da súa actividade literaria, como investigador e como líder do galeguismo.
O Museo dedícalle dúas salas no terceiro andar do edificio que leva o seu nome, nas que se mostran unha escolma de máis de 300 obras que dan conta da súa faceta de artista, escritor, intelectual e político, desde os seus primeiros debuxos publicados ata as obras que fixo no exilio en Bos Aires, xa nun delicado estado de saúde.
Boa parte da súa obra máis significativa está exposta no Museo: as estampas que depositou no Museo o propio Castelao en 1931,os orixinais do Álbum Nós recuperados en 2016 polo Museo despois de décadas nos que se daban por perdidos, os álbums de guerra que el mesmo legou ao Museo para a súa entrega tras a recuperación da Autonomía, o manuscrito de Sempre en Galiza, óleos, caricaturas, carteis, ás máscaras de Os vellos non deben de namorarse… O Museo é a mellor porta de entrada posible a todas as dimensións desta figura clave da Galicia do século XX.
Ademais, o Museo de Pontevedra ofrece ao longo de 2025 unha ampla programación dedicada a Castelao. A información sobre toda esta oferta de contidos e actividades reúnese agora nun só espazo web, que dá acceso directo a todos estes recursos. Aí se atopa, por exemplo, a información das visitas guiadas que realiza o Museo o primeiro martes de cada mes ás 18:00 h, para as que é preciso inscribirse previamente. A próxima será o martes 4 de marzo e a inscrición pode facerse desde o 24 de xaneiro a través da web. Ademais, é posible solicitar visitas para grupos concertados fóra dese horario.
O Museo dispón tamén dunha serie de recursos interactivos. A ferramenta Explora a colección permite consultar as 1.830 obras do fondo artístico da colección Castelao. E a sección de visitas virtuais permite facer un itinerario virtual temático polas salas de Castelao no edificio que leva o seu nome.
Ademais, a través da web é posibel acceder a interesantes recursos divulgativos. A sección Coñeces o teu contén textos e vídeos que afondan na figura do artista de Rianxo, en aspectos como o seu tratamento da emigración ou a implicación de Castelao na colocación da pontevedresa fonte da Ferrería no seu emprazamento actual. Tamén se poden descargar recursos didácticos, xunto coa información sobre as actividades que oferta o Museo para grupos escolares.
Un último epígrafe da sección do Ano Castelao na web do Museo está dedicado ás publicacións sobre a súa figura que editou o Museo de 1999 á actualidade. Ademais das referencias das publicacións que se poden adquirir no Edificio Castelao, varias destas obras pódense descargar en PDF na mesma páxina.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?