Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 22 de marzo celébrase na Coruña a 1ª edición do encontro tecnolóxico galego LareiraConf
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 22 de marzo celébrase na Coruña a 1ª edición do encontro tecnolóxico galego LareiraConf

S. P.
Publicado: 10/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lareiraconf.jpgXa queda menos para a celebración da primeira entrega de LareiraConf, punto de encontro para todas as persoas “apaixonadas da tecnoloxía” e cuxo obxectivo, en palabras da organización, é “reunir os membros das distintas comunidades técnicas e outros desenvolvedores, estudantes e profesionais TI nun espazo onde poidan aprender, compartir experiencias e conectar outros lareireiros e lareireiras”. Será o 22 de marzo de 2025 no Paraninfo da Universidade da Coruña, propoñendo ser “o epicentro da comunidade tecnolóxica galega”.
Este evento, organizado por Sysarmy Galicia e GPUL, coa colaboración de Python Coruña e CoruñaWTF, reunirá a destacados relatores e participantes do sector das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para explorar temas de actualidade e fomentar conexións para crear comunidade.
Na súa primeira edición, LareiraConf presentará un formato de charlas nun único track. Abordaranse temas como software libre, deseño de videoxogos, DevOps e Data e aspectos legais e desenvolvemento profesional. Entre as relatoras e relatores atópanse David Bonilla, fundador da Bonilista e TRG, Jose Sendín, avogado especializado en dereito tecnolóxico, Brais Moure, desenvolvedor multiplataforma e divulgador con máis de 2M de seguidores, Cristina Barreiro, desenvolvedora de videoxogos con experiencia en Riot Games e Bandai Namco e Jose Manrique, experto en open source e colaborador en múltiples proxectos.
Ademais das charlas, LareiraConf contará con espazos de networking deseñados para fomentar o intercambio de ideas e a creación de conexións entre os asistentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?