Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres supoñen máis dun terzo do persoal do ITG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres supoñen máis dun terzo do persoal do ITG

S. P.
Publicado: 11/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

talento_femenino_de_itg.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) quixo celebrar o 11F (Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia) facendo balance do seu compromiso polo talento investigador feminino (abeirado ao Plan de Igualdade do ITG). Nel faise saber que máis dun dun terzo do persoal de ITG son mulleres. Isto supón que, dos 140 empregados que o centro tecnolóxico tiña ao 31 de decembro de 2024, 55 son mulleres, cunha idade media de 35 anos.
Os perfís son moi variados, sendo maioritariamente enxeñeiras informáticas, industriais, aeroespaciais, aeronáuticas, de telecomunicación, de obra civil, de datos e de enerxía; pero tamén arquitectas e aparelladoras, filólogas, economistas, tradutoras, psicólogas, xuristas, químicas, biólogas, comunicadoras audiovisuais, politólogas e administrativas.
Ademais, explica o ITG, “moitas das mulleres que achegan os seus coñecementos ao centro tecnolóxico ocupan postos de responsabilidade, liderando proxectos en ámbitos como a Intelixencia Artificial, os sistemas aéreos non tripulados ou a sustentabilidade na edificación”.
O ITG conta cun Plan de Igualdade para eliminar e corrixir calquera tipo de desigualdade ou discriminación neste sentido. “Os nosos valores corporativos formúlanse en feminino: a honestidade, a confianza e a actitude emprendedora. É o mellor exemplo do noso compromiso coa igualdade de xénero, o quinto dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que son a nosa folla de ruta e que apoiamos formalmente a través do Pacto Mundial da ONU España”, sinalou Carlos Calvo, director xeral de ITG, que engadiu que ao longo do mes de marzo, o centro tecnolóxico galego organizou un curso interno para impulsar a perspectiva de xénero na I+D+i. Trátase dunha formación no marco do proxecto ARQA dirixida tanto a empregados do centro como das outras entidades participantes, en Asturias e Cataluña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?