Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tecnópole redobra esforzos para aumentar a presenza de rapazas en carreiras STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tecnópole redobra esforzos para aumentar a presenza de rapazas en carreiras STEM

S. P.
Publicado: 11/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galiciencia-10.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) é unha das entidades impulsoras do proxecto Ciencia e Tecnoloxía en Feminino, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (a APTE, da que forma parte, precisamente a Tecnópole de Ourense). O propósito desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas), debido a que a súa presenza nestas materias segue a ser baixa.
No marco deste proxecto e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a Tecnópole vai celebrar dúas xornadas, a primeira este venres, 14 de febreiro, e a segunda o 21 de febreiro, dirixidas a alumnado de Secundaria. Participarán en actividades que lles achegarán a ciencia e a tecnoloxía “de xeito práctico e lúdico, contribuíndo a derrubar falsos estereotipos sobre profesións que tradicionalmente foron adscritas ao público masculino”. Os obradoiros impartiraos Patricia Barciela, directora técnica da Domus – Museos Científicos Coruñeses.
Á rapazada proporáselle un divertido e educativo xogo inspirado na flor nonmesquezas, símbolo da memoria, para descubrir as científicas que marcaron a historia. Cada participante ou parella percorrerá un taboleiro, resolvendo enigmas e adiviñas. Por cada enigma resolto, recibirán un token, unha pequena ilustración adaptada ás linguaxes visuais actuais. “É un xeito de visibilizar figuras históricas esquecidas, como as nosas mulleres científicas, promovendo unha comprensión máis diversa e inclusiva da ciencia”, adianta Barciela.
Nestas xornadas convidarase a mulleres que traballan no eido da ciencia e a tecnoloxía, que relatarán a súa experiencia persoal, explicando por que decidiron elixir unha carreira STEM e cal foi a súa aplicación no mercado laboral. A finalidade é que o alumnado teña a oportunidade de descubrir as novas posibilidades que lles poden abrir estas disciplinas. Intervirán Marta Otero, doutora en Ciencias Físicas que traballa como técnica de I+D no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, situado en Tecnópole; e Esther Merlo, enxeñeira de Montes, con dúas décadas de experiencia no eido da investigación científica e a innovación tecnolóxica no sector forestal e da madeira, fundadora, directora e responsable do departamento de Innovación Tecnolóxica da empresa Madera Plus, con sede tamén en Tecnópole.
Aos rapaces e rapazas presentaránselles algunhas problemáticas relacionadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que expón a Axenda 2030 de Nacións Unidas. Son retos vencellados coa saúde e o benestar, a igualdade de xénero, a enerxía accesible e non contaminante, a acción polo clima… A finalidade é que deseñen un proxecto que sirva como solución a un problema concreto, de cara a crear un mundo mellor para 2030. Unha vez rematada a xornada, o alumnado traballará por grupos nos seus respectivos centros e enviará a súa proposta en formato vídeo a Tecnópole, e a solución elixida participará nun concurso nacional que se celebrará en Madrid en abril.
As mozas e mozos participantes recibirán a guía Que quero ser de maior?, na que se recollen as saídas profesionais de diversas carreiras científicas e tecnolóxicas, o tipo de labor que se desempeña en cada unha destas profesións, así como a súa utilidade na sociedade actual. Entregaráselles tamén a guía Que son as tecnoloxías disruptivas?, que busca visibilizar algunhas das novas tecnoloxías que xa están a revolucionar o mundo (como a cadea de bloques, a análise de datos a gran escala, a Intelixencia Artificial, a 5G, a ciberseguridade ou a computación cuántica) e as súas posibles saídas profesionais.
O alumnado poderá visitar a exposición Mulleres que cambiaron o mundo, protagonizada por mulleres relevantes no eido da ciencia e a tecnoloxía que deixaron a súa pegada ao longo da historia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?