Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A excelencia investigadora do CiTIUS da USC, recoñecida pola Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A excelencia investigadora do CiTIUS da USC, recoñecida pola Xunta

S. P.
Publicado: 12/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

250211_pte_edu_cigus_dcs-6.jpgOs cinco centros da Universidade de Santiago que forman parte da Rede CIGUS participaron este martes 12 de febreiro na Cidade da Cultura no acto de recoñecemento que a Xunta de Galicia lles rendeu por ser “claves na investigación de excelencia universitaria e actuar como motor de progreso de Galicia”. Entre os centros distinguidos atópase o CiTIUS, referencia galega e estatal no ámbito da Intelixencia Artificial.
Recolleron o recoñecemento os directores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), José Luis Mascareñas; do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Carlos Salgado; do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), María Isabel Loza; do Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS), Senén Barro; e do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), María Teresa Moreira.
A rede CIGUS, que conta hoxe con 1.600 investigadores e captou nos últimos catro anos máis de 180 millóns de euros en proxectos competitivos, é un modelo único en España co-financiado no marco do programa operativo FEDER Galicia 2021-2027.
reitor_compostela_reconecemento_rede_cigus.jpgAdemais dos cinco centros de excelencia da USC, conforman esta rede, pola Universidade de Vigo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación(AtlanTTic), o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e o Centro de Investigación Mariña(CIM), e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).
No mesmo acto, fíxose tamén entrega de placas de recoñecemento polo seu labor investigador aos centros colaborativos CITEEC, CINTECX e ECOBAS, este último dirixido pola profesora da USC María Loureiro, que recolleu o galardón.
No acto participou o reitor da USC, Antonio López, que interveu no recoñecemento aos centros da USC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?