Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A mocidade prefire as redes sociais para o entretemento por enriba da cultura, segundo un estudo da UVigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A mocidade prefire as redes sociais para o entretemento por enriba da cultura, segundo un estudo da UVigo

S. P.
Publicado: 12/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vigo_campus_pontevedra_beatrizmartinez.jpgO Campus de Pontevedra (UVigo) compartiu información sobre un proxecto impulsado pola profesora da Facultade de Comunicación Beatriz Martínez, do grupo CS1, destinado a avaliar o grao de coñecemento e participación da mocidade na axenda cultural que se desenvolve en Pontevedra e o papel das redes sociais e influencers neste ámbito. A través dunha enquisa e da organización de grupos de discusión, o traballo permitiu constatar que se ben mozos e mozas “si están conectados” coa oferta cultural da cidade “da que parecen participar e din interesarse”, non o fan a través das redes sociais das institucións e entidades culturais da localidade.
Diferentes estudos, lembra Martínez, sinalan que “a programación cultural tradicional non sempre logra captar a atención dos mozos, debido a unha desconexión en termos de linguaxe, formatos e accesibilidade”. Así, resulta “crucial entender o papel das redes e influencers nos seus intereses”, que se teñen convertido en “ferramentas clave” á hora de achegar a programación cultural ás novas audiencias. Analizar o seu papel na “conexión entre a oferta cultural” de Pontevedra a as novas xeracións era nese senso un dos propósitos do proxecto Conectando culturas: Análisis de la oferta cultural de Pontevedra en redes sociales y su impacto en los jóvenes, con atención también al Camino de Santiago.
A enquisa realizada a 158 mozas e mozos de entre 18 e 27 anos, o 76% mulleres, permitiu constatar o elevado uso que as novas xeracións fan das redes sociais, ás que o 83% dedican cando menos dúas horas ao día e, dentro destes, un 38% máis de catro horas diarias, sendo Instagram e TikTok as máis utilizadas. Porén, a investigación sinala que o 65% dos mozos e mozas non coñece as contas das institucións e organizacións culturais da cidade e só o 12,7% participa en actividades ou eventos culturais promocionados a través das redes sociais. Isto leva a Martínez a incidir na existencia dunha “fenda” nas redes sociais e unha mocidade que segue “outro tipo de contas” e que “pon en valor o entretemento” por riba de ámbitos culturais concretos.
O estudo apunta a que o 64% das enquisadas e enquisados “non considera axeitadas as estratexias de comunicación das institucións culturais” nas redes sociais, que consideran “pouco atractivas”, o que leva a investigadora a concluír que, se ben “mozos e mozas valoran a cultura local”, tamén “identifican unha desconexión significativa na forma en que se comunica e adapta aos seus intereses”.
Estas cuestións foron abordadas tamén en dous grupos de discusión, un conformado por mozos e mozas e outro por responsables culturais do Concello e a Deputación e de eventos como o festival Surfing the Lérez. Estes grupos permitiron afondar tamén nas demandas da mocidade dunha oferta cultural acorde ás súas preferencias, así como na necesidade por parte dos xestores culturais de “incorporar novas ferramentas e formatos”. Outra das cuestións abordadas foi o papel que poden xogar os influencers á hora de conectar cos novos públicos, mais, como sinala Martínez, a súa efectividade neste eido dependería da “autenticidade e proximidade” das súas mensaxes. Isto faría idóneo que se tratase de figuras “que estean conectadas habitualmente” co público obxectivo e coas institucións culturais da cidade, mais os resultados da enquisa amosan que máis do 80% dos mozos e mozas non coñecen “influencers e activistas culturais de Pontevedra”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?