Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta distingue aos tres centros da UVigo integrados na Rede CIGUS: atlanTTic, CIM e CINBIO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta distingue aos tres centros da UVigo integrados na Rede CIGUS: atlanTTic, CIM e CINBIO

S. P.
Publicado: 12/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

atlanttic_cigus.jpgOs tres centros de investigación da UVigo integrados na Rede CIGUS: atlanTTic, CIM e CINBIO, recibiron este 2 de febreiro o recoñecemento da Xunta de Galicia nun acto presidido polo titular do goberno galego, Alfonso Rueda, en Santiago de Compostela. Rueda, que destacou a importancia da Rede CIGUS como referente da excelencia científica en Galicia, agradeceu a súa contribución a construír “unha Galicia potente e de calidade” que é “punteira” e referente no I+D+i. Os premios, como sinalamos dende Código Cero, tamén distinguiron ao CITIC da UDC e ao CiTIUS da USC, entre outros.
Os directores dos tres centros da Rede CIGUS da UVigo: Martín Llamas de atlanTTic, Miguel Ángel Correa do CINBIO e Daniel Rey do CIM, foron os encargados de recoller os recoñecementos, nun acto no que a Universidade de Vigo estivo representada polo seu reitor, Manuel Reigosa.
No acto celebrado no Museo Centro Gaiás, no que tamén se procedeu á entrega de placas ao centros colaborativo da UVigo CINTECX e ao interuniversitario Ecobas, Rueda reafirmou o compromiso da Xunta coa transferencia de coñecemento e co impacto da ciencia na economía e no emprego, facendo fincapé na importancia de conectar os centros de investigación co tecido produtivo. “Este é un traballo de todos”, indicou para asegurar que o obxectivo do Goberno autonómico é “reter o talento que hai en Galicia e promover que a comunidade sexa un lugar atractivo para que investigadores de primeiro nivel mundial” poidan realizar o seu traballo.
Os centros de investigación que forman parte da Rede CIGUS son cinco pola Universidade de Santiago de Compostela: Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), o Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS), o Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) e o Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS); tres pola Universidade de Vigo: o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación(atlanTTic), o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) e o Centro de Investigación Mariña(CIM); e pola Universidade da Coruña, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?