Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo o que precisamos saber sobre a factura electrónica e a lei Veri Factu, nunha xornada da Cámara de Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo o que precisamos saber sobre a factura electrónica e a lei Veri Factu, nunha xornada da Cámara de Santiago

S. P.
Publicado: 12/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

factura_electronica-7.jpgA vindeira semana teremos unha nova oportunidade para familiarizarnos coa facturación electrónica e coas medias legas activas en España para garantir a seguridade nas transacción e nas operacións. A xornada, convocada en formato online e en colaboración coa oficina Acelera Peme e a Asociación de Comerciantes e Profesionais de Noia Histórica, celebrarase o 19 de febreiro, a partir das 10:00 horas baixo o epígrafe O último sobre a factura electrónica en España: Lei Antifraude (Veri Factu) e Lei Crea e Crece.
Nesta sesión profundarase nos cambios lexislativos que afectan á facturación electrónica e como as pemes (pequenas e medianas empresas) poden adaptarse ás novas exixencias. Os participantes coñecerán, da man de Daniel Cerqueiro, CMO (director de mercadotecnia) de Docuten, empresa galega especializada en sinatura dixital e facturación electrónica, os detalles da nova Lei Antifraude, que introduce a obrigatoriedade da factura electrónica en determinadas operación, e a Lei Crea e Crece, que facilita a dixitalización e a xestión empresarial.
factura_electronica_noia_historica_camara_santiago.jpgLicenciado e doutor en Ciencias Físicas, Cerqueira leva dende 2004 adicándose ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A súa principal ocupación é ser responsable de marketing en Docuten, pero ademais é un dos promotores principais da iniciativa Startup Galicia e realiza de xeito continuo actividades formativas relacionadas coa transformación e o emprendemento.
Esta xornada, como boa parte das que organiza a Cámara de Santiago, está deseñada para proporcionar aos empresarios os coñecementos necesarios para ampliar coas normativas legais e optimizar a xestión do seu negocio no entorno dixital. A actividade é de balde e telemática, previa inscrición na web da Cámara, e está aberta a todas as pemes e persoas autónomas interesadas en mellorar a súa competitividade e adaptarse aos novos retos tecnolóxicos e regulamentarios.
A xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital (Red.es) da Cámara de Santiago, en colaboración coa patronal de Noia: Noia Histórica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?