Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 3ª edición do programa estatal Xeración Dixital Pemes achegará formación a 4.500 persoas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 3ª edición do programa estatal Xeración Dixital Pemes achegará formación a 4.500 persoas

S. P.
Publicado: 13/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pedro_blanco_transformacion_dixital.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou o impulso do Goberno á dixitalización das empresas galegas, con máis de 16 millóns de euros para formación do persoal directivo e das persoas empregadas. Fíxoo na presentación da terceira edición do programa Xeración Dixital Pemes, financiado con fondos do Plan de Recuperación do Goberno, xunto ao presidente de EF Business School e CESUGA, Venancio Salcines, e o director xeral do aragonés Grupo San Valero, César Romero, que imparten xuntos esta formación, e á que tamén asistiu a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.
No acto, o delegado explicou que estas empresas prevén formar as 4.500 persoas ata xuño de 2026. En Galicia son seis as entidades beneficiarias (CESUGA, EF Business School, Estudos Rafer, Business Jump e Academia Postal 3) que, como novidade nesta edición, van impartir formación “en liña” en todo o territorio nacional.
Pedro Branco aproveitou para recoñecer o traballo que desenvolven estas empresas “chave para mellorar a produtividade do tecido empresarial galego e as súas posibilidades de crecemento e internacionalización”.
Nesta liña, destacou a “aposta decidida” do Goberno por impulsar a formación e a transformación dixital das empresas da man do Plan de Recuperación, “do que as empresas son as principais protagonistas, como demostra o feito de que oito de cada dez euros dos máis de 3.700 millóns de euros asignados a Galicia van parar a autónomos, pemes e grandes empresas”.
Engadiu que “as empresas saben que teñen no Goberno ao seu mellor aliado para medrar e avanzar nesa transformación cara un modelo máis dixital e sustentable”, indicou o delegado, que puxo tamén en valor iniciativas como o Kit Dixital, que do mesmo xeito que o programa Xeración Dixital Pemes forma parte da estratexia España Dixital 2026, e que deixa en Galicia máis de 35.200 axudas, cun investimento que supera os 145 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?