Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A DXT habilitará novas tecnoloxías para para controlar os xabarís e outros animais nas estradas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A DXT habilitará novas tecnoloxías para para controlar os xabarís e outros animais nas estradas

S. P.
Publicado: 13/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

goberno_galicia_dxt.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, fixo este mércores 12 de febreiro un recoñecemento público ao equipo humano que integra o Centro de Xestión de Tráfico (CXT) do Noroeste-Cantábrico e que conseguiu desde a súa creación ser un referente en seguridade viaria, salientou, ao tempo que agradeceu o traballo dos 58 homes e mulleres que operan tanto nas instalacións da CXT localizadas na Coruña como no mantemento dos equipos tecnolóxicos situados nas estradas e que apoian a súa xestión. Estes e outros datos foron achegados polo delegado do Goberno dende a dita sede do CXT, onde supervisou o resultado das recentes obras de remodelación deste centro, destinadas a “a facelas máis operativas, amplas e mellor adaptadas ás necesidades da xestión viaria”.
Alí estivo acompañado polo subdirector xeral de Mobilidade e Tecnoloxía da DXT, Francisco José Ruiz; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a xefa provincial de Tráfico da Coruña, Vitoria Gómez; o xefe superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco e o xefe do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, Antonio Hidalgo. Durante a visita estiveron guiados polo director actual da CXT, Ramiro Martínez.
Na xuntanza, houbo tempo para salientar os principais avances do centro CXT en materia tecnolóxica, e tamén para avanzar futuras novidades. Nesta liña, o subdirector xeral da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Francisco José Ruiz, avanzou que a DXT habilitará novas ferramentas tecnolóxicas para facer monitoraxe da presenza de xabaríns, cervos ou outros animais nas estradas lanzando avisos aos condutores para previr accidentes como os acontecidos os días pasados, por exemplo o sinistro múltiple acontecido á altura de Cambre na AP-9. “Nas nosas cámaras de tráfico imos incorporar un sistema que permite detectar, entre outras cousas, se hai animais nas estradas principais”, sinalou, engadindo que a intención do Goberno central é poñer “todos os medios posibles e colaborando coa Xunta, que é quen ten a competencia, para evitar os tráxicos accidentes”. Apuntou tamén que nas zonas de entrada recorrente de animais estanse a instalar novas tecnoloxías para disuadilos de entrar nas estradas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?