Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: RELEARN impulsou no Campus de Ferrol a creación dunha nova plataforma educativa e intelixente europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

RELEARN impulsou no Campus de Ferrol a creación dunha nova plataforma educativa e intelixente europea

S. P.
Publicado: 13/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_relearn.jpgA sala de conferencias do Edificio de Batallóns do Campus Industrial de Ferrol acolleu este xoves 13 de febreiro a última das xornadas de traballo, en formato híbrido, presencial e en liña, do Proxecto Europeo Erasmus+ RELEARN, no que participa profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña (UDC).
Deseñar unha plataforma educativa que fomente a aprendizaxe baseada na investigación botando man dunha serie de algoritmos de aprendizaxe automática e da Intelixencia Artificial para atopar as publicacións, os libros ou os artigos científicos máis axeitados en función da temática que se estea a estudar. Este é o principal obxectivo de RELEARN (Research based teaching for life-long LEARNing) que lidera, en representación da Universidade da Coruña (UDC), a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.
A empresa sueca de servizos dixitais de apoio ás actividades de investigación e educación Research Unfolded Sweden AB coordina este proxecto de innovación docente no que tamén participan a Josip Juraj Strossmayer University of Osijek (Croacia), a Sapienza Università di Roma (Italia), a University West (Suíza), a Universidade da Coruña (España) e a empresa de programación informática RUn IT (Bosnia e Herzegovina).
RELEARN conta cun orzamento total de 251.350 euros. A Universidade da Coruña (UDC) dispón de 36.570 euros para levar a súa parte do proxecto grazas ao traballo do profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) do Campus da Coruña, así como de alumnado do programa de doutoram
O programa da última xornada de traballo celebrada este xoves 13 de febreiro incluíu dúas mesas redondas. Na primeira delas, titulada Perspectivas do profesorado sobre os métodos de ensinanza – investigación e as plataformas, participaron o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e integrante do Grupo de Investigación en Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Jorge L.Beceiro; o tamén profesor na EPEF e investigador do Grupo Integrado de Enxeñaría (GII), Javier Pernas; a profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía e integrante do Grupo de Investigación Cardiovascular (GRINCAR), Sara F. Basanta; e a tamén profesora da Facultade de Enfermaría e Podoloxía e integrante do Grupo de Investigación en Reumatoloxía e Saúde (GIR-S), Raquel Veiga.
Pola súa banda, na segunda mesa redonda, titulada Perspectivas do estudantado sobre os métodos de ensinanza – investigación e as plataformas interviron os estudantes do programa de doutoramento en Enxeñaría Naval e Industrial, Laura Sabela Vázquez e Julio Barreiro. Acto seguido, celebráronse dúas conferencias, a primeira a cargo do profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigador no Grupo Integrado de Enxeñaría (GII), Fran Bellas, e a segunda, impartida polas traballadoras da Biblioteca Ángela Ruíz Robles da Universidade da Coruña (UDC), Beatriz Regueira e Vanesa Loureiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?