Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AESIA comeza a súa actividade presencial na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AESIA comeza a súa actividade presencial na Coruña

S. P.
Publicado: 14/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_aesia1.jpgA Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA) celebrou esta mañá o seu consello reitor, coincidindo co inicio da súa actividade presencial na sede de Casa de Veeduría na Coruña. O consello reitor é, xunto coa presidencia, o órgano de goberno da Axencia, ao que corresponde a alta xestión da entidade, así como establecer as súas directrices xerais de actuación. O consello está formado por media ducia de representantes de diversos ministerios, un experto en IA e o director xeral da AESIA. A xuntanza deste 14 de febreiro foi a primeira presencial na Coruña e tivo como obxectivo facer balance dos primeiros meses de actividade e establecer os obxectivos da Axencia para o 2025.
A sesión coincide co inicio da actividade presencial dos traballadores da AESIA na céntrica Casa de Veeduría da Coruña, tras a súa instalación este mes de febreiro. A AESIA dispón dun espazo no 1º andar do edificio, que será a sede temporal da Axencia, mentres se realiza a reforma integral do Edificio da Terraza, destino oficial da AESIA.
coruna_aesia3.jpgAproveitando a cita, o ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, Óscar López, visitou a sede da AESIA na Veeduría, xunto coa secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, María González Veracruz que, ademais, é a presidenta da Axencia. Segundo explicaron fontes do Goberno, “trátase dun importante fito para a AESIA; tanto para os seus empregados, que inicialmente desenvolveran as súas funcións na modalidade de teletraballo; como para a propia entidade, que conta xa cun espazo de traballo e colaboración que lle permitirá seguir crecendo e desenvolvendo todas as funcións que lle encomendan a lexislación española e europea”.
Trala aprobación do Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial, a AESIA asume un papel crucial na supervisión do cumprimento desta normativa, cuxa finalidade última é a protección do consumidor. A Axencia está chamada a ser, tamén, unha peza fundamental da engrenaxe para avanzar “cara a unha IA confiable, ética e centrada no ser humano e é pioneira en Europa, un espello no que xa se están mirando outros países”, engadiu o Goberno, apuntando que se trata “dunha institución fundamental para o impulso do ecosistema da IA en España, e, sobre todo, das pemes e as novas firmas innovadoras (startups) con menores recursos, pois a AESIA acompañaraas no cumprimento dos requisitos da nova lexislación e, en xeral, no seu proceso de integración dunha IA segura nos seus procesos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?