Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense acolle a oitava edición da feira eXXperimenta en Feminino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense acolle a oitava edición da feira eXXperimenta en Feminino

S. P.
Publicado: 17/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

exxperimenta2.jpgO pasado venres, 14 de febreiro, o campus de Ourense acollía a oitava edición da feira eXXperimenta en Feminino, a cita anual coa divulgación científica e co fomento da igualdade no eido CTEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Neste encontro reúnense cada ano un amplo colectivo de persoal docente e investigador da UVigo, principalmente mulleres, co obxectivo de contribuír a rachar dous teitos de cristal neste eido: a falta de referentes femininos científicos na sociedade e a desproporción entre homes e mulleres nas carreiras científico-tecnolóxicas.
A feira, que se desenvolveu no edificio Politécnico, organízase co gallo do 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, e nela participan máis de medio centenar de persoal docente e investigador da Facultade de Ciencias, da Escola Superior de Enxeñaría Informática e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Amais conta co apoio do Campus Auga; das unidades de Cultura Científica e Igualdade da UVigo e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Pola mañá participaron na feira máis de 300 estudantes de quinto e sexto de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato de sete centros educativos das provincias de Ourense e Pontevedra, pola tarde a feira estivo aberta ao público interesado.
Cómpre dicir que esta iniciativa, coordinada polas profesoras Julia Carballo, Nieves Lorenzo, Alma Gómez e Olga Escuredo, conta xa cun equipo moi implicado e organizado, achegando desta volta 13 postos científicos diferentes nos que as e os escolares poden para facer todo tipo de experimentos e coñecer tanto as titulacións CTEM que se imparten en Ourense como persoas que nelas traballan ou estudan.
Na mañá, as e os escolares percorreron cada un dos postos da feira: puideron ver microorganismos da auga; coñecer o valor oculto na biomasa; crear un arco da vella; coñecer como se forman as nubes e os tornados e a loita insectfriendly contra a vespa velutina. Tampouco faltaron experiencias como ver como funciona un túnel de vento de aeronáutica; programar con ferramentas sinxelas; coñecer como os residuos poden ter unha segunda vida e como a ciencia e cociña se mesturan en técnicas como a esferificación e a xelificación. A beleza e o poder das encimas; recrear o afundimento e explosión do buque Casón; facer un escape room para aprender os conceptos de refinería e de biorefinería e obradoiros prácticos sobre etiquetado alimentario foron outras das propostas de eXXperimenta en Feminino.
exxperimenta1.jpgDe xeito parello a esta feira, na programación da tarde incluíuse a entrega dos premios do IX Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convocado polo mesmo colectivo da Facultade de Ciencias, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, co apoio da Unidade de Igualdade. En total, presentáronse máis de 170 traballos. Na categoría de Educación Primaria, na modalidade visual, de debuxos-collages, o primeiro premio foi para Valery Zaybel Mejías (do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense); o segundo para Carlota Piñeiro (Colexio Maristas Santa María de Ourense) e o terceiro para Helen Anayelly Raymundo (Colexio Padre Feijoo-Zorelle). Non se concederon premios na categoría literaria ao non presentarse propostas. Na categoría de Educación Secundaria, na modalidade literaria o primeiro premio foi para Lucía Matías Fernández (IES Allariz); o segundo para Naír González (IES Julio Prieto Nespereira) e o terceiro para Melany García (IES 12 de Outubro). Na modalidade visual de debuxos-collages o primeiro premio foi para Antía Luaces (IES 12 de Outubro); o segundo para Carmen Mazarro (CPR Plurilingüe La Purísima) e o terceiro para Mara Santos (Colexio Santo Ángel) os tres centros de Ourense. Na modalidade visual de fotos, Sara Bolón e Noa García (ambas do CPR Plurilingüe La Purísima) gañaron respectivamente o primeiro e segundo premio e o terceiro foi para Diana Alexandra Moscu (Colexio Santo Ángel).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?