Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster Audiovisual mostra ao sector os instrumentos dispoñibles para a súa transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster Audiovisual mostra ao sector os instrumentos dispoñibles para a súa transformación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 17/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_settt_140225_3_.jpgO Clúster Audiovisual Galego celebrou o pasado venres na Coruña, 14 de febreiro, unha xornada de presentación da Sociedade Española para a Transformación Tecnolóxica, na que se deron a coñecer os instrumentos de apoio que a SETT ten previstos para o sector audiovisual.
O presidente do Clúster, Alfonso Blanco, deu a benvida aos case cincuenta profesionais do sector audiovisual que asistiron á sesión, celebrada no edificio CSA da Cidade das TIC, antes de dar paso ao director xeral da SETT, Javier Ponce, encargado de explicar en que consisten as dúas principais liñas que a entidade pública estatal ten previstas para o sector audiovisual: o financiamento de proxectos audiovisuais e o coinvestimento en empresas audiovisuais. Sinalaron que ambas liñas suman máis de 1.500 millóns e nútrense de fondos europeos no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliciencia.
presentacion_settt_140225_1_.jpg Ao encontro asistiron, entre outros, o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao; o director da área de Competitividade do IGAPE, Norberto Penedo, e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral. Tamén estiveron representados os tecidos empresariais audiovisual e TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) galegos a través dalgunhas das empresas máis importantes destes dous sectores.
A SETT é unha entidade pública empresarial, adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, para o financiamento e o investimento en tecnoloxías avanzadas e transformadoras vinculadas á transformación dixital, ás telecomunicacións, á microelectrónica, aos semicondutores, ás novas tecnoloxías dixitais disruptivas ou ao sector audiovisual. Esta sociedade encargarase de executar os fondos: PERTE Chip, Next Tech Fund e o Spanish Audiovisual Fund, como instrumentos orixinais de implementación dos fondos PRTR nos sectores da súa competencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?