Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben asistencia a domicilio con TELEA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben asistencia a domicilio con TELEA

S. P.
Publicado: 17/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250217_conselleiro_sanidade_simposio_innovacion_cardioloxia1.jpgO conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño informou que preto de 6.000 pacientes cardiolóxicos reciben a día de hoxe asistencia a domicilio a través da plataforma TELEA (Teleasistencia Domiciliaria). Fíxoo no transcurso da apertura do I Simposio de Innovación en Cardioloxía, que organiza o Servizo de Cardioloxía do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, na que participou de xeito telemático.
Gómez Caamaño subliñou que o Servizo Galego de Saúde ten implantada en todas as áreas sanitarias a interconsulta electrónica en cardioloxía, á que definiu como “unha ferramenta que favorece a conexión directa entre profesionais de atención primaria e hospitalaria e facilita o seguimento ou derivación do paciente cando sexa estritamente necesario”.
Sinalou que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo é “punteiro no eido da Cardioloxía” e destacou “a aposta decidida do departamento sanitario galego pola tecnoloxía máis innovadora, consolidando, deste xeito, o uso da telemedicina en todo o Servizo Galego de Saúde”.
Xunto aos avances de seguimento de pacientes crónicos cardiolóxicos a través da plataforma TELEA, Gómez Caamaño sinalou tamén que no mes de decembro Galicia converteuse “na primeira comunidade española en integrar os seus servizos de emerxencias sanitarias coa aplicación móbil Ariadna, co fin de incrementar a taxa de supervivencia á parada cardíaca en espazos públicos”.
TELEA, en palabras da Consellería de Sanidade, é unha plataforma tecnolóxica que destaca por presentar unha dobre funcionalidade; por unha banda de cara ao paciente, introducindo datos sobre o seu estado de saúde na aplicación e, polo outra, de cara ao profesional, que visualiza e valora toda esta información na historia clínica do paciente de forma proactiva para poder monitorizar a súa evolución mentres o paciente se encontra no domicilio. Así mesmo, tamén conta coa posibilidade de utilizar mensaxería, chamada telefónica e vídeo-consulta, o “que facilita enormemente a comunicación entre pacientes e profesionais sanitarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?