Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña imparte nos centros educativos 16 obradoiros xuvenís de IA, animación e efectos visuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña imparte nos centros educativos 16 obradoiros xuvenís de IA, animación e efectos visuais

S. P.
Publicado: 18/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

obradoiro_tecnoloxias_alba_meijide_deputacion.jpgA Deputación da Coruña organiza en varios centros educativos da provincia 16 obradoiros para estudantes de Educación Secundaria sobre Intelixencia Artificial, animación, efectos visuais e novos media. Segundo explicou a institución provincial, os obradoiros “pretenden espertar o interese da mocidade nas posibilidades profesionais destes sectores e fomentar os os estudos relacionados coas novas tecnoloxías, a programación e o deseño, sector con boas expectativas de inserción laboral”. Ademais, con estes obradoiros tamén se pretende “axudar a romper a fenda dixital de xénero, espertando o interese das rapazas por un sector moi masculinizado”.
Estes detalles foron achegados pola deputada de Emprego, Rosa Ana García, que clausurou este 18 de febreiro un dos obradoiros celebrado no Colexio das Escravas, na Coruña, onde tivo oportunidade de conversar co alumnado sobre a formación obtida no obradoiro e escoitar as súas opinións sobre o sector e as súas oportunidades que ten para o seu futuro formativo e laboral.
Outros centros nos que se están a impartir os obradoiros son o IES Rego de Trabes, de Culleredo, o CPR Jesús Maestro, de Ferrol, o IES Saturnino Montojo, tamén de Ferrol, o CPR Santiago Apóstol, de Narón, o Seminario Diocesano, de Santiago de Compostela, “aínda que o ciclo continuará noutros centros educativos da provincia”, informou a Deputación, engadindo que todos os contidos incluídos nos talleres “son visuais e atractivos, a través de exemplos reais de producións e material didáctico, no que se explican as diversas técnicas, os estudos necesarios para realizalos, así como as saídas profesionais dos mesmos.”
O programa consta dos seguintes apartados: módulos de animación, nos que se repasan as distintas fases da produción; de efectos visuais, nos que se amosan exemplos de diversos tipos de proxectos, recursos empregados, saídas profesionais e tecnoloxías de vangarda, incluíndo áreas como o cine, a publicidade ou os metaversos.
A Deputación salienta tamén contidos específicos de videoxogos, “a través dos que se realiza un repaso á evolución tecnolóxica e últimos avances no mundo dos videoxogos e os sistemas de aventuras gráficas interactivas en tempo real”.
Amósanse tamén as posibilidades da Realidade Virtual e Aumentada na creación de todo tipo de experiencias en numerosos ámbitos profesionais, como son o turismo, a cultura ou a publicidade entre outros. Inclúese tamén un módulo de produción virtual, no que se dan a coñecer novas formas de rodaxe que, a través dos sistema de contornas virtuais 3D, permiten non só a posibilidade de crear escenarios reais que interactúan cos actores e actrices reais, senón toda unha lista de novos perfís profesionais moi demandados para a realización en escenarios virtuais.
Por último, a Intelixencia Artificial é un dos contidos máis destacados nos obradoiros, “como unha das tecnoloxías máis revolucionarias e que sen dúbida está supoñendo unha completa transformación en toda a sociedade e por suposto, tamén no mundo da creación dixital”, engadiron dende a organización destas actividades formativas, apuntando que nestas sesións “explícase de forma sinxela e moi visual, a través de exemplos baseados na IA Xenerativa, os aspectos máis importantes dunha tecnoloxía que está en boca de todos, pero que ata o momento resulta difícil de comprender”. Con temas moi próximos á mocidade, como son os deportes, a moda, a música ou o cine, os mozos e mozas aprenden as infinitas posibilidades que a IA permite, o seu uso de forma correcta e ética, e os retos que supón para un sector que hoxe en día está descubrindo toda a súa potencialidade.
As sesións mostrarán experiencias de profesionais de recoñecido prestixio na industria audiovisual, como Alba Meijide, que “con menos de 25 anos xa é toda unha autoridade no sector da IA e traballa asesorando a grandes empresas de diferentes ámbitos, nas posibilidades que ofrecen estas novas ferramentas”, sinalan dende a Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?