Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baiona aposta pola tecnoloxía para promover o seu turismo cunha nova xincana dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baiona aposta pola tecnoloxía para promover o seu turismo cunha nova xincana dixital

S. P.
Publicado: 18/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xincana_dixital_baiona.jpgA Oficina de Turismo de Baiona presentou unha innovadora proposta turística que combina historia, entretemento e novas tecnoloxías: a Xincana Dixital. O acto contou coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, a concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, e os primeiros participantes nesta experiencia, un grupo de usuarios da asociación Avelaiña.
Presentáronse dous roteiros interactivos, O peregrino perdido e Os segredos de Baiona, deseñados para descubrir o patrimonio da vila “dunha maneira diferente e amena”, explicaron o rexedor e máis a concelleira, poñendo o foco na metodoloxía dos roteiros: a través dun sistema de pistas ao estilo dunha escape room, as pesoas participantes deben resolver preguntas e enigmas utilizando os seus teléfonos intelixentes para avanzar na historia.
Baixo o lema Achégache, descobre e aprende xogando en Baiona, ambos os roteiros están pensados para todos os públicos, xa sexa en familia ou de maneira individual. Cunha dificultade baixa, un percorrido de aproximadamente dous quilómetros e unha duración estimada de 80 minutos, estas xincanas converten ao visitante en protagonista, ofrecendo unha experiencia máis inmersiva que a tradicional visita guiada.
Os segredos de Baiona céntrase na chegada da Carabela Pinta, cun itinerario que comeza no Pozo da Augada, percorre os arredores da fortaleza de Monterreal e finaliza no monumento ao Encontro entre dous mundos. Pola súa banda, O Peregrino perdido aproveita o paso do Camiño de Santiago pola costa para ofrecer un roteiro con maior énfase no centro histórico.
Equipados cos seus teléfonos móbiles, os membros de Avelaiña tiveron a oportunidade de estrear a xincana Os segredos de Baiona, coas súas monitoras e a concelleira de Turismo que percorreron o itinerario, demostrando a gran acollida “desta nova iniciativa que busca reforzar a oferta turística de Baiona cunha proposta interactiva e accesible para todos”, sinalaron na presentación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?