Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo visitan a oficina de Altia na Cidade das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo visitan a oficina de Altia na Cidade das TIC

S. P.
Publicado: 18/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ies_eduardo_blanco_amor_de_culleredo_visitan_la_oficina_de_altia_en_la_cidade_das_tic.jpgUn grupo de 24 estudantes de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo (A Coruña) visitaron na mañá deste 18 de febreiro a oficina da compañía tecnolóxica Altia na Cidade das TIC, da Coruña, no marco da quinta edición do programa educativo Empresa Familiar nas Aulas, que promoven a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) e Afundación, a Obra Social de Abanca.
Manuel Saz, director da oficina de Altia na Cidade das TIC, foi o encargado de guiar aos estudantes no seu percorrido polas instalacións. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer ao equipo de profesionais e asistiu a unha presentación sobre os principais proxectos de dixitalización da compañía tecnolóxica e sobre a súa participación na Cidade das TIC.
“Este proxecto está deseñado para potenciar o sector TIC e o seu tecido empresarial, reforzando a nosa posición no mapa tecnolóxico e xerando oportunidades de colaboración e innovación”, sinalou Manuel Saz, engadindo que “a Cidade das TIC ofrece unha infraestrutura moderna e recursos que facilitan a colaboración entre empresas e entidades educativas, o que é fundamental para fomentar a innovación e o desenvolvemento de novas solucións tecnolóxicas”.
A visita deste martes 18 compleméntase coa conferencia impartida o pasado 4 de febreiro por Jaime Saavedra, director da sede de Altia en Oleiros, nas instalacións do centro educativo de Culleredo. Na charla, Saavedra explicou aos estudantes a historia e actividade da empresa, como compañía creadora de solucións dixitais, e o seu propósito de medrar “facendo crecer aos seus clientes de forma sostible, grazas ao talento de 4.000 profesionais en máis de 25 localizacións de 9 países”.
Jaime Saavedra destacou na súa exposición, ademais, o valor que achegan as empresas familiares da contorna no tecido económico e a relevancia do sector TIC e da formación. “É importante que as novas xeracións coñezan o papel vertebrador das empresas familiares, con vocación de crecemento e continuidade como Altia, na que un dos seus fundadores, Constantino Fernández, segue sendo hoxe o seu presidente, 30 anos despois”, subliñou o directivo, engadindo que “a compañía continúa medrando cos mesmos valores e propósito, impulsando o cambio dixital dos seus clientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?