Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense adaptará os padróns dos 92 concellos ao novo sistema en tempo real do INE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense adaptará os padróns dos 92 concellos ao novo sistema en tempo real do INE

S. P.
Publicado: 19/02/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_ourense_fachadas_web_0.jpgA Deputación de Ourense vén de iniciar os traballos para adaptar os padróns dos 92 municipios da provincia (incluído o da cidade) ao novo sistema en tempo real que está implantando o Instituto Nacional de Estadística (INE) e que será de obrigado cumprimento para todos os concellos. O ente provincial, a través da Área de Transparencia, ten a previsión de rematar estes traballos o vindeiro 30 de setembro e, para isto, a institución xa estableceu contacto con todos os concellos da provincia informándoos da situación e solicitando a súa colaboración.
O obxectivo da Deputación é “reforzar a cooperación cos concellos con vistas a acadar importantes beneficios para a cidadanía e para as propias institucións como son: a posibilidade de coñecer a evolución da poboación con maior frecuencia, a implantación dunha base de datos de fogares ou convivintes diferenciada da base de datos de persoas, dispoñer de información territorial unificada de referencia ou ofrecer servizos homoxéneos aos cidadáns”.
Segundo os datos actualizados do INE en 2024, a poboación total da provincia de Ourense é de 304.467 persoas, contabilizándose 273.762 vivendas e 134.592 fogares, dos que 56.760 carecen de CIV (código de identificación vía INE) e 32.528 teñen diferentes direccións padroal e catastral.
Reforzo da cooperación provincial co Padrón OnLine
Logo de ser unha das entidades beneficiarias da convocatoria de proxectos de transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais, convocada polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Deputación de Ourense logrou unha axuda de 1.336.772,66 euros para levar a cabo o seu proxecto Padrón OnLine para a modernización do padrón de habitantes de todos os concellos da provincia de Ourense.
Trátase dun novo sistema de xestión do padrón municipal que permitirá o intercambio de información, en tempo real, entre os padróns de cada municipio da provincia e entre os propios padróns municipais e o Instituto Nacional de Estatística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?