Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 400 estudantes recibiron formación tecnolóxica de ITG no último ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

400 estudantes recibiron formación tecnolóxica de ITG no último ano

S. P.
Publicado: 20/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

itg_visita_estudiantes_a_galaxy-lab2_20022025.jpgO Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) fixo balance da súa actividade formativa en 2024, unha aposta do centro coruñés por “crear canteira TIC na Comunidade, contribuír á educación científico-técnica da mocidade galega e fomentar as vocacións STEM”. No balance faise saber que o ITG deu formación no último ano a preto de 400 estudantes de Secundaria, Bacharelato, Universidade e Posgrao de toda a xeografía galega.
O centro tecnolóxico ITG ten a vocación de “impulsar o coñecemento tecnolóxico desde idades temperás ata estudos de doutoramento” e así, en primeiro lugar, acolle de forma habitual a estudantes en prácticas, tanto de Grao como Posgrao, provenientes das tres universidades públicas galegas, así como da Universidade Carlos III/III de Madrid, Politécnica de Milán e Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), coas que o centro tecnolóxico tamén ten convenios de colaboración e ás que se sumará proximamente a Universidade de Oviedo. Ademais, moitos destes estudantes elixen realizar os seus traballos de fin de grao ou fin de mestrado no centro tecnolóxico. E, actualmente, tres alumnos do Mestrado Universitario en Informática Industrial e Robótica da Universidade da Coruña (UDC) desenvolven as súas teses de doutoramento en ITG.
O centro coruñés involucrouse tamén na creación de novos mestrados no ámbito tecnolóxico, como son o de Vehículos Autónomos e o de Xeomática avanzada e Intelixencia Xeoespacial, ambos da Universidade de Vigo. Así mesmo, impulsa xunto á UDC a Cátedra ITG-CITIC en Tecnoloxías de Aeronaves non Tripuladas.
itg_visita_estudiantes_a_galaxy-lab_20022025.jpgDoutra banda, o centro tecnolóxico está involucrado no Congreso XoveTIC organizado pola Universidade da Coruña a través do CITIC, co que colabora desde a súa primeira edición en 2018 entregando un galardón ás mellores investigacións. En concreto, o premio ITG recoñece as presentacións de investigadores júnior no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).
Na etapa de Formación Profesional, o ITG colabora co IES Urbano Lugrís, da Coruña, no proxecto FP Innova sobre medición con drons da cobertura 5G nas proximidades dunha antena de comunicacións. Nesta iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia, o centro tecnolóxico coruñés ofrece aos estudantes participantes as súas instalacións e soporte técnico para a execución dos voos dos drons, así como o desenvolvemento dunha aplicación de Realidade Aumentada. Ademais, estudantes deste centro, así como do IES Fernando Wirtz acoden a ITG a realizar prácticas.
Outra das iniciativas formativas nos que participa o ITG, en colaboración coa Xunta de Galicia e as universidades galegas, é EduTecEmprende. A través deste programa, ITG dá a coñecer a súa actividade a estudantes de FP, ESO e Bacharelato. Os mozos teñen a oportunidade de coñecer o seu funcionamento e as tecnoloxías coas que traballa a través das experiencias do persoal do ITG, co obxectivo de impulsar as vocacións STEM e motivar o espírito emprendedor.
Ademais, a Liga Maker Drone, impulsada polo centro tecnolóxico ITG e a Fundación Barrié, é unha iniciativa pioneira na que estudantes de 2º curso de Educación Secundaria de centros de toda Galicia desenvolven unha solución dron para dar resposta a un reto de carácter social.
Na última edición da Liga Maker Drone, o alumnado con interese en carreiras STEM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) pasou do 54% ao 83% trala súa participación na competición. Este 2025 celebrarase a súa cuarta edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?