Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As 21 empresas de Galicia Avanza presentaron os seus proxectos ante mercados internacionais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As 21 empresas de Galicia Avanza presentaron os seus proxectos ante mercados internacionais

S. P.
Publicado: 20/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

10_galicia_avanza4.jpgO programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, impulsado polo IGAPE (Consellería de Economía) e a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia), celebrou este 20 de febreiro a presentación dos proxectos e servizos innovadores das 21 pemes innovadoras que ao longo dos últimos oito meses participaron na terceira edición desta iniciativa. A cita foi na Tecnópole e a ela asistiron o director da Área de Internacionalización do IGAPE, Augusto Álvarez-Borrás, e o director xerente da Tecnópole, JavierTaibo.
Durante o evento Empresas & Viceversa, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, as 21 pemes beneficiarias desta convocatoria amosaron os seus produtos e servizos innovadores. Pertencen a sectores tan diversos como as novas tecnoloxías, robótica, alimentación, forestal, cosmética natural, música, turismo ou téxtil, entre outros.
galicia_avanza-2.jpgNo encontro déronse cita ademais un centenar de empresas galegas interesadas na internacionalización. As compañías asistentes mantiveron reunións entre elas, co fin de establecer colaboracións futuras.
O director xerente de Tecnópole, Javier Taibo, presentou os resultados globais desta convocatoria, que finalmente centrouse na prospección de 38 mercados internacionais de interese para as pemes participantes: o 76% en Europa, o 11% en Latinoamérica e o 13% restante noutros mercados como Estados Unidos, China e Xapón. Neste período rexistráronse cinco marcas en diferentes países e unha patente.
7_galicia_avanza1.jpgO valor global das actuacións levadas a cabo ascendeu aos 421.000 euros, cun gasto medio por empresa de 20.000 euros. Nestes meses realizouse unha prospección de mercados de interese para cada unha das pemes participantes, protección de patentes e marcas nos países de destino, elaboración e desenvolvemento de plans de mercadotecnia, análise de clientes potenciais e establecemento de axendas comerciais, adaptación das páxinas web e dos soportes comerciais aos países de destino. Así mesmo, nos casos nos que foi necesario, adaptáronse os produtos aos novos mercados, ao tempo que se crearon ferramentas para facilitar as vendas, promoveuse a asistencia a feiras internacionais e a venda online…, entre outras iniciativas.
galicia_avanza_3_taibo_augusto.jpgNo transcurso do evento celebrouse o espectáculo Empresas & Viceversa, destinado a fomentar a rede de contactos entre empresas. Representantes de dúas compañías galegas de éxito internacional exerceron de tronistas e foron pretendidos por outras firmas, co fin de aproveitar sinerxías e chegar a posibles colaboracións. Trátase de Pedro Arenas, director de desenvolvemento corporativo de CEAMSA (Compañía Española de Algas Marinas); e Iago Jover, responsable de innovación en Roberto Verino.
O programa Galicia Avanza xa impulsou nas súas dúas edicións anteriores a internacionalización de 60 pemes galegas innovadoras, que ascenden a 81 sumando a convocatoria actual. As empresas participantes lograron entrar no seu conxunto en 52 novos mercados. O valor global das actuacións levadas a cabo ata agora no marco desta iniciativa suma 1,5 millóns de euros.
Durante o evento anunciouse que nos vindeiros días porase en marcha a cuarta edición do programa, na que poderán participar ata 30 pemes innovadoras de toda a comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?