Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 300 estudantes de 5 países participan esta finde no HackUDC 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 300 estudantes de 5 países participan esta finde no HackUDC 2025

S. P.
Publicado: 20/02/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

slz_gpul_hackaton_129.jpgA Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña (UDC) será a sede esta fin de semana dunha nova edición do HackUDC, que constitúe, en palabras da organización, “o maior hackathon de Galicia”. Desde o venres 21 de febreiro e ata o domingo 23 un total de 304 estudantes de 5 países e 75 localidades daranse cita na FIC, para traballar en equipo resolvendo retos tecnolóxicos formulados por empresas líderes do sector e competindo por premios que superan os 3.000 euros. O único requisito é que os proxectos presentados se realicen baixo unha licenza de software libre.
O evento, organizado polo Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), busca “fomentar a creatividade, a innovación e a colaboración na resolución de problemas tecnolóxicos en contornas reais”, sinalan dende a organización, engadindo que o HackUDC destaca “polo seu compromiso co software libre, promovendo o uso de solucións abertas e accesibles para todos”.
slz_gpul_hackaton_062.jpgA cerimonia de apertura será o venres ás 19:00 horas no salón de actos da Facultade de Informática e contará coa presenza do reitor da UDC, Ricardo Cao, e a vicerreitora de Estudantes, María José Lombardía.
A UDC explica que as persoas participantes do HackUDC 2025 proceden de diversas titulacións universitarias e niveis educativos, e que a maior parte do alumnado pertence a graos e mestrados en Enxeñaría Informática, “pero tamén hai presenza significativa de estudantes de Telecomunicacións, Matemáticas, Física e outras disciplinas STEM”. Ademais, a competición acollerá alumnado de formación profesional e doutros niveis educativos, reforzando a diversidade e a aprendizaxe interxeracional.
No ámbito xeográfico, os participantes chegan de 5 países diferentes: España, Portugal, Italia, Francia e Alemaña. Tamén se contará con alumnado de 75 localidades distintas, “o que reflicte o crecemento e a proxección internacional do evento”.
slz_gpul_hackaton_099.jpgDesde a súa primeira edición en 2023, o HackUDC triplicou o número de asistentes. A edición de 2025 contará cun espazo totalmente equipado con zonas de traballo, no que, ao longo da fin de semana, haberá charlas e mentorías a cargo de profesionais do sector. Os retos, formulados por empresas patrocinadoras, abordarán áreas como a Intelixencia Artificial, a ciberseguridade, a computación na nube e o desenvolvemento de aplicacións innovadoras. Aquelas solucións que mellor respondan ás necesidades expostas poderán optar aos premios económicos e a futuras oportunidades de colaboración con empresas do sector.
“O HackUDC 2025 é unha oportunidade única para que estudantes e profesionais conecten co ecosistema tecnolóxico galego e internacional, reforzando a UDC como un epicentro de innovación e talento tecnolóxico”, sinalan dende a Universidade, engadindo que nesta edición as persoas asistentes tamén disporán de actividades paralelas que fomentarán o networking e a cooperación entre alumnado, profesorado e representantes de empresas. Haberá espazos dedicados á experimentación con novas tecnoloxías e exposicións de proxectos destacados en edicións anteriores.
O evento conta co patrocinio das empresas e entidades Gradiant, Denodo, Nomasystems Kelea, InditexTech, Managament Solutions, Dinahosting, e a cátedra CICAS (SNGULAR). Tamén colaboran AMTEGA, AstroCafé, GADIS e Perusiñas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?