Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Social da Rocheira en Coristanco mostrará as posibilidades dos drons no agrogandeiro e o forestal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Social da Rocheira en Coristanco mostrará as posibilidades dos drons no agrogandeiro e o forestal

S. P.
Publicado: 20/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

drons_aerocamaras.jpgNo marco dun contexto de transformación dixital e innovación no medio rural, o Centro Social da Rocheira (Coristanco) acollerá a vindeira semana, o xoves 27 de febreiro, unha xornada dedicada á utilización dos drons en sectores agrogandeiros e forestais. A iniciativa, organizada polo Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, comprometido co impulso das tecnoloxías e do emprendemento no medio rural, conta coa colaboración da empresa galega Aerocamaras, referente en solucións e tecnoloxía aplicada á agricultura de precisión e da súa joint-venture, DJI Agricultura Ibérica, que ofrece solucións integrais en agricultura e da súa colaboradora CultivDron, que ofrece solucións innovadoras en cultivos.
En concreto, a xornada Drons e Innovación Rural pretende dar a coñecer as vantaxes da tecnoloxía dron, para optimizar a monitoraxe de cultivos, xestión de gando e a aplicación de fitosanitarios. O evento, dirixido a emprendedores, empresarios, profesionais e estudantes, aposta pola innovación como vía para aumentar a competitividade e a sustentabilidade das explotacións rurais. Desenvolverase en horario de 11.00 a 14.00 horas.
A xornada iniciaras ás 11.00 horas cunha presentación teórica que abordará os seguintes puntos:
-Os diferentes tipos de drons empregados na agricultura e a gandería.
-As aplicacións prácticas: monitoraxe de cultivos, xestión de gando, pulverización de precisión, entre outras.
-Os aspectos normativos e análise de custos e investimentos.
A sesión estará a cargo dos técnicos de Aerocamaras, que compartiran a súa experiencia en tecnoloxía agrícola de precisión.
Entre as 12:30 e as 14:00 realizarase unha demostración práctica no campo, empregando o Campo de Fútbol lindeiro co Centro Social Interxeracional de A Rocheira. Nesta segunda parte, os asistentes poderán ver en tempo real o voo e o manexo básico dun dron agrícola, a aplicación de fitosanitarios mediante dron e a captura de imaxes para a análise de cultivos, seguida dunha sesión de preguntas e respostas.
A iniciativa enmárcase no compromiso da EFA Fonteboa e de Aerocámaras por dinamizar o rural galego, creando un espazo de encontro e intercambio de ideas que favoreza futuras colaboracións e o desenvolvemento de novos proxectos innovadores.
Quen precise máis información pode contactar co móbil 680 622 929 (José Manuel Campos) ou coa conta de correo fonteboa@fonteboa.es. A folla de inscrición está dispoñible en liña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?