Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado pon o foco nas vantaxes de entregar ás empresas só os datos persoais estritamente necesarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado pon o foco nas vantaxes de entregar ás empresas só os datos persoais estritamente necesarios

S. P.
Publicado: 20/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

teresa_regueiro-1_2_.jpgO bufete galego especializado en dereito dixital Pintos & Salgado emitiu un novo informe sobre a realidade tecnolóxica actual e as cousas que debemos ter en conta para garantir a nosa seguridade e aos demais. Desta volta, o bufete pon o foco nas vantaxes para nós do principio de minización de datos e na importancia de proporcionar a menor información posible a empresas e organización. Trátase, explican, de valorar o vello lema de “menos é máis”. E engaden: “Non se trata de recoller toda a información, senón só a estritamente necesaria para o que se desexe conseguir”. Así nolo conta Teresa Regueiro, avogada do despacho Pintos & Salgado.
Cambios profundos
Engade a avogada que os cambios nos hábitos de subministro de información son notorios e visibles: “A sociedade do século XXI pasou do papel, os bolígrafos e os arquivadores coa nosa información persoal aos programas informáticos e ficheiros dixitais que centralizan e xestionan os nosos datos. Dun sistema lento e limitado fisicamente á rapidez para copiar, compartir e almacenar do ecosistema virtual. Pero aínda que a transformación leva aspectos positivos, tamén impacta de forma negativa no día a día do cidadán: a cultura tecnolóxica actual afíxonos a entregar moitos máis datos persoais dos que se precisan”.
teresa_regueiro-2.jpg Teresa Regueiro, especialista do despacho en protección de datos sinala que cómpre “partir da idea de que, nun mundo onde se mercadea coa información, os nosos datos persoais son o novo petróleo, e é moi doado que as empresas e organizacións vaian alén das súas atribucións recollendo máis información da estritamente necesaria, cos riscos que traen aparellados”. Para Regueiro, existe un principio fundamental que non só debe ser unha obriga legal, senón unha nova maneira de pensar: o principio de minimización de datos. Xa recollido no Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), o principio expón unha máxima clara: que a recompilación destes datos deberá ser adecuada, pertinente e limitada ao necesario para obter o fin que se desexa. É dicir, que non se trata de recoller toda a información posible, senón unicamente a imprescindible e necesaria.
Explica que máis aló do seu carácter conceptual, o principio de minimización de datos vulnérase cunha práctica cotiá: solicitar fotocopias do Documento Nacional de Identidade para todo. “Se queres comprar un móbil, exercer un dereito ou alugar un piso, para todo iso solicitábase unha fotocopia do DNI, coma se fose unha chave mestra que xustificase calquera cousa”, sinala, lembrando neste punto que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) xa emitiu nos últimos anos varios pronunciamentos para sancionar a certas organizacións que solicitaban unha fotocopia do DNI de forma desproporcionada, contradicindo o principio de minimización de datos.
archivo-minimizacion_de_datos-2.jpg Para Teresa Regueiro, “a entrega do DNI non é un asunto menor, senón que se enfronta a un risco claro: hai que ser conscientes de que proporcionar este dato tan persoal pode derivar en, entre outras cuestións, unha usurpación de identidade”.
Outro mal hábito por parte de empresas e organizacións atende ao requirimento do xénero ou sexo da persoa. É habitual que nos soliciten en moitos formularios de alta este dato, pero sen unha xustificación clara de para que se utilizará, contextualiza Regueiro, que lembra que neste mesmo 2025 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) emitiu unha sentenza onde establece que a identidade de xénero non é un dato necesario, por exemplo, para realizar unha transacción comercial. Esta decisión xorde por mor de que a compañía de ferrocarril francesa SNCF obrigaba aos seus clientes a elixir un termo de cortesía “señor” ou “señora” para completar a venda de billetes. O tribunal considerou que esta práctica non era indispensable para a compra e vulneraba o principio de protección de datos. “Ao final, é unha forma de entender o tratamento de datos persoais, unha forma de pensar baseada nunha cuestión fundamental: menos é máis. E que, en moitos casos, unha copia do DNI non é a solución, senón o inicio dun problema”, conclúe Teresa Regueiro desde Pintos & Salgado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?