Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrará o seu 25 aniversario cunha edición récord
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Foro Tecnolóxico de Emprego celebrará o seu 25 aniversario cunha edición récord

S. P.
Publicado: 21/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

foro_tecnoloxico_emprego_uvigo-3.jpgO Foro Tecnolóxico de Emprego vai conmemorar esta tempada o seu primeiro cuarto de século cunha “edición de récord”, segundo informou a organización, que engade que a cita celebrarase os días 11 e 12 de marzo no Campus de Vigo e contará coa participación de 51 empresas, superando con moito cifras de anos anteriores”.
Hai dous anos viñeron 33, isto fala do rápido crecemento da organización e do grande interese que teñen para participar neste evento”. Así o explica Iago Vázquez Quiroga, coordinador xeral do foro, que participou na presentación da nova edición no edificio Redeiras, xunto con José Luís Rodríguez Rodríguez, coordinador de organización, e Belén Parente Artime, responsable de comunicación deste evento.
Eles son tres dos 17 membros do equipo de estudantes das tres escolas de enxeñaría do cCmpus de Vigo (EE Industrial, EE de Telecomunicación e EE de Minas e Enxería) que están detrás desta edición.
Xunto cos representantes da organización, na presentación da nova edición estivo presente tamén o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e os responsables das escolas de enxeñaría do campus (José Fariña, director EE Industrial, Rebeca Díaz, directora da EE de Telecomunicación e María Araujo, subdirectora da EE Minas e Enerxía). Os catro felicitaron á organización por sacar adiante un evento coma este e mantelo vivo durante 25 anos. O reitor agradeceu aos 139 colaboradores e 17 organizadores que fan este evento posible “o voso traballo, o voso compromiso e a vosa implicación” e estendeu o agradecemento ás tres escolas polo apoio que lles prestan. Sobre a base destas cifras, Reigosa augurou “un éxito sen precedentes” que pouco marxe de mellora vai deixar para futuras edicións, aínda que “no peche da edición 2024 tamén pensábamos que ía ser difícil de superar” e, un ano despois, “o salto diría que é case cuántico”.
foro_tecnoloxico_emprego_foro3.jpgA directora da EET referiuse ao foro como “un caso paradigmático de éxito” que comezou como “unha iniciativa un pouco máis modesta pero marcou un estilo no resto das asociacións” polo modo de traballar e de transferir os coñecementos de xeración en xeración de estudantes. A subdirectora de Minas e Enerxía poñía en valor que “neses dous días, as escolas énchense de xente, de empresas e é unha oportunidade moi interesante para facer un primeiro achegamento ao mundo profesional”. O responsable da EEI, José Fariña, tamén recalcaba a importancia que ten este evento para a formación do alumnado, sobre todo “en competencias que non se abordan na aula” relacionadas coa comunicación, a proactividade, o traballo en equipo, etc. “moi valoradas polas empresas”.
Segundo indicaron, a principal novidade desta edición é a ampliación do número de prazas para empresas. “Nos últimos anos”, explicaba Iago Vázquez, “quedaban fóra compañías que querían participar”, por iso este ano apostaron por crecer: serán 10 empresas máis que en 2024 e 18 máis que en 2023. En total serán 51 empresas tecnolóxicas de todo tipo, dende grandes multinacionais e empresas estranxeiras ata empresas galegas e da área metropolitana de Vigo, “un récord histórico do foro”. Os organizadores amosábanse moi satisfeitos por contar “con grandes compañías pero tamén con entidades que naceron en Vigo ou mesmo spin-offs da UVigo que agora son referentes no seu sector”. Entre os nomes confirmados, firmas como Alén Space, Borgwarner, Applus, Egatel, Finsa, Gradiant, Oesía, Indra, KPMG, Marine Instruments, Norvento, Optare Solutions ou Televés.
Esta edición do 25 aniversario será de récord tamén no que atinxe a alumnado implicado: 17 coordinadores e 139 alumnos colaboradores procedentes das tres escolas do Campus de Vigo.
No que se refire ao programa, para esta edición a organización optou por reducir o número de conferencias e centrar os esforzos en “organizar obradoiros de traballo para que acheguen o máximo valor posible ao alumnado”. Non faltará unha das actividades que, segundo José Luis Rodríguez, coordinador da organización, máis lle gusta ao alumnado e ás empresas: o speed recruiting, “unha dinámica de entrevistas curtas, que dada a demanda realizarase en dúas quendas, para que poida participar máis alumnado”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?