Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Logicmelt presenta un proxecto pioneiro para mellorar con IA a seguridade en recintos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Logicmelt presenta un proxecto pioneiro para mellorar con IA a seguridade en recintos

S. P.
Publicado: 24/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logicmelt_zona_franca_2.jpgA nova firma innovadora galega Logicmelt, instalada no Polígono de Bouzas da Zona Franca de Vigo e especializada na aplicación de Intelixencia Artificial, Visión e Computación Edge para optimizar a eficiencia e seguridade na industria, desenvolve un vangardista proxecto piloto no Autolab, o laboratorio da High Tech Auto (Zona Franca), destinado a mellorar a seguridade en recintos e desenvolvido con IA.
Este luns 24 de febreiro o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, puido coñecer os detalles do proxecto, baseado nun sistema pioneiro de cámaras de videovixilancia para dar alertas en tempo real para o seguimento de persoas, cun sistema múltiple de cámaras. O programa permite seleccionar a mellor cámara de forma automática, as contaxes parciais de persoas que entran e saen en cada zona do recinto ou o cálculo do mapa de calor nas zonas máis visitadas, cousa de utilidade, por exemplo, en centros comerciais ou outro tipo de eventos públicos para medir que áreas suscitan un maior interese.
En sistemas industriais, o programa é capaz de acceder a zonas perigosas, alertar ao persoal de seguridade, bloquear o aceso dunha máquina de risco ou realizar incluso unha parada automática en caso de detectar persoas preto, co obxectivo de reducir o perigo e o número de accidentes laborais.
LogicMelt, startup fundada no ano 2020, ten 10 empregados e mantén o seu obxectivo principal de transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao sector manufactureiro e a empresas de alicerce tecnolóxico. Dispón de áreas de especialización e servizos para ofrecer solucións personalizadas que melloran os controis de calidade e os procesos produtivos e é provedor de Intelixencia Artificial e Edge a través de diversos programas de incubación e aceleración empresarial de Zona Franca como: High Tech Auto (HTA) ou Business Factory Auto (BFA).
Desde hai un ano Logicmelt fai uso do AutoLab para desenvolver e mellorar os seus produtos. Neste espazo, aproveitaron a infraestrutura dispoñible, incluída a rede 5G, para desenvolver este novo produto destinado á seguridade e as impresoras 3D para a fabricación de solucións personalizadas e prototipos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?