Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA implanta o seu software de xestión na rede de saúde privada máis importante de Panamá
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA implanta o seu software de xestión na rede de saúde privada máis importante de Panamá

S. P.
Publicado: 24/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto-minimed-600x450.jpgA empresa galega SIVSA completou con éxito a implantación da súa solución avanzada de xestión e información hospitalaria HOSIX nas 13 clínicas e o hospital que MiniMeed, a franquía de saúde privada máis importante de Panamá, posúe no país. Trátase do primeiro gran proxecto en Panamá da compañía galega, que xa está presente co seu software en 100 grandes hospitais e 1.800 clínicas de España, Portugal, Perú, Brasil e Marrocos.
Fontes de SIVSA explican que a integración de HOSIX en toda a súa rede permitiu a Minimed “avanzar na súa transformación dixital” e “lograr unha maior interoperabilidade, seguridade e accesibilidade clínica”. O cambio, polo tanto, “supuxo unha importante transformación ao xestionar actualmente todos os procesos hospitalarios, administrativos e de facturación de forma centralizada e cunha única ferramenta e integrar nunha historia clínica electrónica única toda a información dos pacientes, desde antecedentes a probas de laboratorio e raios X a prescrición de medicamentos ou diagnósticos, indistintamente de onde fosen atendidos”.
A devandita evolución foi posible grazas a que a solución tecnolóxica de SIVSA permite a conexión con sistemas HIS (Hospital Information System) de terceiros, tanto públicos como privados, supoñendo un adianto que engadiu “un plus de seguridade e eficiencia no traballo dos profesionais, que agora dispoñen de toda a información nun único repositorio, o portal do paciente”, informou a empresa galega.
Como parte do proxecto, SIVSA contribuíu tamén na modernización dos servizos de laboratorio e de radioloxía da rede de MiniMed, integrando HOSIX cos sistemas de Información para Laboratorios (LIS), de Xestión de Información Radiolóxica (RIS) e de Arquivo e Comunicación de Imaxes (PACS). “Con iso, logrouse axilizar o proceso de diagnóstico e mellorar a accesibilidade á información clínica, así como a colaboración entre profesionais”, apuntou a empresa, engadindo que “grazas a estas melloras e á automatización de procesos, MiniMed logrou optimizar os fluxos de traballo, gañar en operatividade e aumentar os niveis de satisfacción e calidade asistencial, acelerando trámites administrativos, reducindo tempos de espera e erros humanos, ademais de custes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?