Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAG felicita a Redondela polo seu labor pioneiro na reivindicación física e dixital dos seus topónimos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAG felicita a Redondela polo seu labor pioneiro na reivindicación física e dixital dos seus topónimos

S. P.
Publicado: 25/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

redondela_rag.jpgA Real Academia Galega (RAG) felicitou ao Concello de Redondela pola súa decisión de incluír a toponimia no catálogo de bens patrimoniais do PXOM, en palabras da entidade “unha medida pioneira que honra este municipio e que debe servir de exemplo para outros”. Así valorou esta iniciativa o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, nunha xuntanza celebrada coa alcaldesa Digna Rivas, centrada nas accións de conservación e divulgación dos nomes de lugar do seu territorio. Nas medidas impulsadas inclúese unha web e a inclusión de códigos QR para que veciños e visitantes coñezan os topónimos locais e as súas orixes a través de cadanseu móbil.
No encontro tamén participaron o vicesecretario da RAG, Henrique Monteagudo, o académico Gonzalo Navaza, membro do Seminario de Onomástica, e a concelleira de Cultura, Rita Pérez Táboas. A rexedora presentou aos membros da RAG o labor que se desenvolveu nos últimos anos para a recuperación e posta en valor da toponimia local. Tras o traballo de campo e o estudo filolóxico pertinente, Redondela leva editadas nove publicacións que recollen a microtoponimia das dúas parroquias. A serie, que segundo salientou “tivo moi boa acollida entre a veciñanza”, continuará este ano coas edicións correspondentes ao Viso, Trasmañó e Reboreda.
As publicacións poden descargarse na web Toponimia de Redondela, que recolle a explicación e a orixe de máis de 2.000 microtopónimos. A páxina facilita ademais a súa localización no mapa de Galicia Nomeada, o proxecto de toponimia de Galicia que coordina a Real Academia Galega, coa que Redondela colaborou achegando máis de 3.000 microtopónimos xeolocalizados.
Os responsables da RAG felicitaron ao Concello de Redondela “pola súa aposta decidida na defensa e promoción da lingua e cultura galegas, sendo unha administración pioneira neste eido”. Freixanes salientou especialmente o feito de que Redondela inclúa a toponimia dentro do catálogo de bens patrimoniais no seu PXOM. Trátase do primeiro concello de toda Galicia que o fai “e esta iniciativa para protexer este patrimonio é algo que honra a este Concello”.
O Concello avanzou que as placas das rúas que sexan habilitadas no futuro incluirán un código QR que levará a visitantes e veciños á dita plataforma para consultar que significa cada nome de lugar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?