Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo xunta a tres dos máximos especialistas de España en IA e contratación pública
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo xunta a tres dos máximos especialistas de España en IA e contratación pública

S. P.
Publicado: 26/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xcpublica1.jpgA Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo acolleu este martes 25 unha xornada na que se analizaron os desafíos estratéxicos aos que se enfronta a contratación pública, un sector representa arredor dun 20% do Produto Interior Bruto de España, unha porcentaxe superior incluso ao considerado motor económico do país: o turismo. Participaron tres dos máximos especialistas de España en materia de Intelixencia Artificial e contratación pública: José María Gimeno Feliú, da Universidad de Zaragoza; Juli Ponce Solé, da de Barcelona, e Agustí Cerrillo Martínez, da Oberta de Catalunya.
Acudiron a este encontro convidados polos docentes Patricia Valcárcel Fernández e Rafael Fernández Acevedo, responsables do proxecto de investigación Desafíos estratéxicos da contratación pública na era da 4ª Revolución Industrial: sostibilidade, gobernanza e Intelixencia Artificial, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e ao abeiro do cal se organizou esta xornada.
Tras a inauguración, presidida polo decano da facultade, Francisco José Torres, foi Patricia Valcárcel, catedrática de Dereito Administrativo, a encargada de dar a benvida aos relatores e presentar a xornada. Valcárcel situou ás persoas asistentes, entre eles moitas alumnas e alumnos da Facultade, da importancia dun sector ao que se referiu como “especialmente relevante”, “o que o converte en campo de batalla para analizar infinidade de cousas positivas e tamén negativas”. Trátase, ademais, dun sector que acaba de sufrir unha transformación “impresionante” nas últimas décadas, dixo.
A integración da Intelixencia Artificial neste ámbito ten, a xuízo de todos os participantes na xornada, un importante impacto sobre o crecemento potencial do país ao aumentar a produtividade no funcionamento dos servizos públicos, as interfaces das relacións cos administrados, a xestión administrativa interna, os procesos de toma de decisión, os sistemas de xestión da información e o apoio na definición e articulación das políticas públicas e, entre elas en particular, na contratación pública.
Tras a apertura o primeiro relatorio correu a cargo do catedrático de Dereito Administrativo da Universidad de Zaragoza, José María Gimeno Feliú, quen falou sobre Intelixencia Artificial e prevención da corrupción na contratación pública. A xornada continuou coa participación de Juli Ponce, da Universitat de Barcelona, que reflexionou sobre os contratos públicos e a automatización e, por último, Agustí Cerrillo, da Oberta de Catalunya, afondou na Actuación administrativa automatizada no procedemento de preparación, adxudicación e seguimento dos contratos públicos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?