Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega á Cidade da Cultura Orixes, a instalación de realidade virtual sobre a orixe da vida
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega á Cidade da Cultura Orixes, a instalación de realidade virtual sobre a orixe da vida

S. P.
Publicado: 27/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

250227_cultura_inauguracnorixes_mac-1.jpg Na mañá de hoxe, xoves 27 de febreiro, a compostelá Cidade da Cultura acollía a inauguración de Orixes, unha nova instalación inmersiva que une creatividade e tecnoloxía para achegar ao público galego experiencias innovadoras no eido das artes dixitais; entre outros, ao acto asistiu o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Orixes propón ás persoas visitantes unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, de xeito especial entre as xeracións máis novas.
Segundo o conselleiro: “Orixes é unha mostra máis de todo o potencial que ten o sector da creación dixital en Galicia, un eido no que aspiramos a situarnos na vangarda co Centro de Artes Dixitais, que remata as súas obras este mesmo ano aquí na Cidade da Cultura”.
Cómpre salientar o carácter accesible desta andaina dixital, concibida para todos os públicos en liña cos obxectivos da nova Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, “cunha escenografía sen barreiras arquitectónicas e o emprego de chalecos táctiles de vibración que melloran a experiencia
sensorial, especialmente no caso de persoas xordas ou con dificultade auditiva”, explicou.
López Campos convidou a toda a cidadanía galega a poñer as lentes de realidade virtual e vivir esta experiencia, que se ofrece de balde aos centros de ensino, “co obxectivo de que o colectivo escolar, a partir de cuarto curso de Educación Primaria, poida acceder sen limitacións a unha instalación que cremos ten un enorme potencial didáctico para os nenos e nenas”.
Orixes, que abre as súas portas ao público mañá venres 28 de febreiro no primeiro andar do Museo
Centro Gaiás, propón unha viaxe no tempo a través de máis de catro mil millóns de anos, levándonos ata as mesmas orixes da Terra. Atravesando momentos clave da evolución das especies que poboaron o planeta: a explosión da vida nos océanos, a proliferación dos grandes bosques terrestres, a evolución dos anfibios e, despois, dos réptiles, os grandes dinosauros ou a aparición dos antecesores dos primeiros mamíferos. Durante este percorrido, as persoas visitantes poden descubrir seres xa extintos, pero tamén outros que habitan o noso planeta desde moito antes que o ser humano. Orixes atravesa tamén eventos catastróficos nos que a vida na Terra se enfrontou á súa
extinción, lanzando ao público unha reflexión sobre a capacidade da humanidade para influír no destino do planeta.
250227_cultura_inauguracnorixes_mac-0.jpg A instalación aposta polo emprego da tecnoloxía de realidade mixta, na que as capas de realidade virtual se superpoñen á arquitectura física ao longo dun percorrido por máis de 1.200 m² de superficie do primeiro andar do Museo. Con lentes de realidade virtual, as persoas visitantes poden ver e camiñar por ambos mundos, o físico e o dixital. Os chalecos táctiles de vibración que emprega a instalación potencian ademais o son ambiente da experiencia, incrementando a sensación de
inmersión durante o percorrido. A través dunhas mans virtuais, as persoas visitantes poden interactuar de maneira sinxela e intuitiva coas especies recreadas nesta aventura dixital, mentres coa guía dunha voz en off (en galego, castelán e inglés) se lles van revelando detalles sobre o devir da Terra ao longo de dioivos, impactos de meteoritos ou grandes erupcións volcánicas.
O director do proxecto, Carlos Seijo, explicou no acto de apertura que as recreacións das especies animais e vexetais de Orixes están realizadas cunha plasticidade artística que pretende mover conciencias. Con esta nova instalación inmersiva, a Cidade da Cultura amplía a súa oferta de contidos vencellados á arte dixital e ás novas tecnoloxías, logo de Hábitats.
Orixes está producida polo estudo galego Maxina, especializado no eido das artes visuais, o modelado e animación 3D, que realizou proxectos para Afundación, Netflix, Ferrovial, Xunta de Galicia ou o Guggenheim de Bilbao, entre outras.
A instalación é accesible a todo o público a partir de 8 anos de idade e as entradas están xa á venda a un prezo de 5 euros (máis gastos de xestión) a través de Ataquilla e do despacho de billetes do Museo Centro Gaiás. Tamén se pode xa reservar quenda, de balde, para a visita dun grupo escolar, a través da web da Cidade da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?