Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN apoia un proxecto de Gradiant destinado a afrontar con IA o reto das feridas crónicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN apoia un proxecto de Gradiant destinado a afrontar con IA o reto das feridas crónicas

S. P.
Publicado: 27/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20250227visitagradiantgain_1_.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, visitou este 27 de febreiro a sede do Centro Tecnolóxico Gradiant, en Vigo, para coñecer o avance do proxecto ACE (Advanced Cutaneous Evaluator) apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia na convocatoria de 2023. O obxectivo desta iniciativa, no que tamén participa a Fundación Biomédica Galicia Sur e que está programado transformar en empresa, é “redefinir o tratamento das feridas crónicas mediante solucións baseadas en Intelixencia Artificial”.
Cotelo destacou a importancia de “trasladar os resultados da investigación ao mercado e, por tanto, á sociedade, mellorando así a calidade de vida das persoas”. Neste caso, sinalou, o proxecto ACE permitirá acelerar o proceso de curación das feridas crónicas, que afectan a unha parte significativa da poboación, o que representa un importante reto médico e económico. O proxecto busca así reducir “os custes e mellorar os resultados terapéuticos, dotando aos profesionais sanitarios dunha ferramenta de apoio á toma de decisións baseada en IA”. De feito, pola súa contribución no ámbito da aplicación das tecnoloxías dixitais á saúde, ACE foi galardoado nos XI Premios Bioga.
20250227visitagradiantgain_3_.jpgCarmen Cotelo recalcou que a transferencia de coñecemento será unha prioridade no novo Plan Galego de Investigación e Innovación 25-27 e, por iso en datas vindeiras convocarase unha nova edición deste programa. Lembrou que desde a súa creación no 2016, Ignicia leva apoiados 32 proxectos de proba de concepto, para levar ao mercado os resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos. Destes, 17 están en desenvolvemento -como ACE- e 13 xa chegaron ao mercado en forma de spin-off (10) ou acordo de licenza coa industria (tres). Cun investimento de 16,6M€, os proxectos e empresas creadas xa conseguiron captar máis de 26 millóns de euros e impulsar máis de 140 empregos de alta cualificación.
Cotelo recordou que o Centro Tecnolóxico Gradiant ten participado neste programa a través de catro proxectos. Ademais de ACE, ten en incubación outra spin-off xurdida do programa Ignicia, ItDP, consistente nunha solución innovadora para a dixitalización de procesos documentais en sectores industriais, de manufactura ou servizos técnicos, e xa creou no pasado dúas spin-offs co apoio deste programa: Sense Aeronautics, apoiada na convocatoria de 2021, e que está centrada na análise de vídeo con Intelixencia Artificial para lograr que as operacións con drons sexan máis eficientes e seguras, e Alice Biometrics, solución de verificación da identidade automática, apoiada no 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?