Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMIGA Space mostra o empuxe do sector galego da animación e dos contidos dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMIGA Space mostra o empuxe do sector galego da animación e dos contidos dixitais

S. P.
Publicado: 28/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amiga_space_animacion_galega_carral_deputada.jpgEste venres 28 de febreiro celebrouse no centro AMIGA Space de Carral o evento Animación en Serie, adicado a series de animación infantil producidas en Galicia. Na cita, organizada polo centro AMIGA coa colaboración da CRTVG, RTVE, Sygnatia, o Concello e a Deputación (entre outras entidades), participou a deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García López, que destacou a “relevancia do sector audiovisual en Galicia” e o “compromiso da Deputación coa innovación dixital”, en clara referencia á recente posta en marcha do CEI, Coruña Estudo Inmersivo, na Cidade das TIC da Coruña.
A apertura da xornada, dedicada ás series de animación infantil producidas en Galicia e que reúne a destacados profesionais do sector co obxectivo de poñer en valor a industria da animación como motor económico e cultural na comunidade, correu a cargo da deputada provincial, Rosa Ana García; do alcalde de Carral, Javier Gestal; do vicepresidente da Agrupación Industrial Audiovisual de Galicia, Gaspar Broullón; e do director de Amiga Space, Xosé Zapata.
Durante a súa intervención a deputada destacou “o papel chave da animación, como unha das formas máis potentes de arte e comunicación na actualidade” e subliñou “a relevancia do sector audiovisual en Galicia”. Así mesmo puxo en valor “o compromiso da Deputación coa innovación dixital e a formación da xuventude en novas tecnoloxías, promovendo iniciativas educativas en animación, efectos visuais e programación, con especial atención á redución da fenda de xénero no sector”.
O evento incluíu diversos relatores e mesas redondas centradas na creación e produción de series de animación galegas, así como na súa proxección internacional, que permitiron a estudantes e profesionais do sector da animación vivir a experiencia de producir unha serie de animación.
Entre as actividades destacadas, presentouse o proceso de desenvolvemento da serie Bibopalula polo seu equipo creativo e abordouse a creación de marcas internacionais desde Galicia coa participación de Ton Pernas, Creador de The Wawies e director creativo de Wawaland Planet.
Ademais, tratouse a temática da coprodución internacional desde Galicia, coa intervención de Xosé Zapata (produtor), David Saborido e Laura Blanco (animadores), quen compartiron a súa experiencia na industria.
O evento concluíu coa mesa redonda Animando Galicia, na que se trataron os desafíos de producir animación en Galicia e na que participaron expertos do sector como Yago Fandiño, director de Contidos Infantís de RTVE e Clan TV; María Sabucedo, directora das plataformas Xabarin.gal e Agalega.gal; Xosé Zapata, produtor de O Diario de Alice; Ton Pernas, creador de The Wawies; e Álvaro Pérez, produtor de Bibopalula.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?