Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cos pés na terra, Bibopalula e Clanes, premios especiais dos XXIII Premios Mestre Mateo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cos pés na terra, Bibopalula e Clanes, premios especiais dos XXIII Premios Mestre Mateo

S. P.
Publicado: 28/02/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

mestre_mateo_premios_especiais_bibopalula.jpgO Pazo da Deputación de Pontevedra acolleu este 28 de febreiro a xuntanza de finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo, a antesala da gala de premios que se celebrará en Lalín o 15 de marzo. No acto estiveron representantes da Academia Galega do Audiovisual, da Deputación e de AGADIC, ademais das finalistas dos XXIII Premios Mestre Mateo. A xuntanza iniciouse coa entrega dos premios especiais, que recaeron no programa Cos pés na terra e nas series Bibopalula e Clanes. Despois tivo lugar a tradicional foto de familia das finalistas.
José Luis Ramírez Matos, director da zona de Pontevedra Metropolitana de Abanca foi o encargado de entregar o Premio Abanca ao impulso da sostibilidade ao programa Cos pés na terra “por contar desde 2011 a través de máis de 200 programas as pequenas e grandes historias de persoas que apostan polo rural como medio de vida, ensinando como saen adiante cada día, con esforzo e esperanza, promovendo unha cultura de amor e coidado polos recursos naturais”. En palabras da Academia, Cos pés na terra é unha serie sobre xente que tomou unha singular decisión vital: facer do rural o seu futuro. Cos pés na terra, producido por Filmax para a CRTVG, empezouse a emitir en setembro de 2011 e acumula máis de 200 programas en antena. Foi o gañador do Premio Mestre Mateo a Mellor Programa na última edición e finalista a outros recoñecementos como os Premios Celtic Media Festival 2022 ou os Premios PRODOCS #DocTV.
Marcial Gende, representante de Deleite, entregou o Premio Deleite á promoción da lingua á serie Bibopalula “por ofrecer a unha nova xeración de nenos e nenas a posibilidade de desfrutar dunha serie de animación feita na nosa lingua, e transcender o audiovisual a través dunha ampla oferta de contidos complementarios que sinalan un camiño cara un escenario máis optimista para o futuro do galego”. Bibopalula é a primeira serie musical de debuxos integramente en galego, segundo salientou a Academia, destacando que o proxecto foi creado por Laura Mahía e Andrés Mahía e producido por Undodez en colaboración coa Televisión de Galicia. A serie está protagonizada por un grupo musical chamado A Banda do Bosque, formado por un merlo, un paporrubio, unha pega e un peto. Os catro amigos, xunto con outros paxaros, vivirán aventuras relacionadas coa natureza, a música e o seu entorno onde se enxalzarán valores como a amizade, a empatía ou a resolución de conflitos de maneira pacífica. Ademais, ao redor da serie destacan iniciativas como a publicación dun conto infantil, contido adicional en Youtube, unha aplicación móbil específica, a participación en plataformas de música e unidades didácticas para os colexios. Podemos vela na plataforma Agalega.
Xoan Allegue, presidente das Bodegas Martín Códax, foi o encargado de entregar o Premio Martín Códax Rías Baixas, Fillo do Atlántico á serie Clanes dispoñible na plataforma Netflix, “pola autenticidade e espectacularidade coa que se retrata a riqueza paisaxística da comarca do Salnés, como marco e escenario principal dunha trama de thriller, intriga e romance, que colleita éxitos de audiencia a nivel mundial”. Clanes é unha serie dirixida por Rogel Cual e protagonizada por Tamar Novas, Clara Lago, Xosé A. Touriñán, Melania Cruz, Francesc Garrido, Miguel de Lira e Diego Anido entre outros. As localizacións cobran especial protagonismo na historia. A serie está rodada principalmente en Galicia, nas Rías Baixas, en concreto na ría de Arousa. Conta a historia dunha nova avogada que chega para establecerse na pequena vila de Cambados. Chámase Ana e a súa presenza non pasa desapercibida para ninguén, incluído Daniel, fillo dun importante narcotraficante e cabeza visible do “clan dos Padín” mentres o pai permanece en prisión. Ana, con ampla experiencia nun dos mellores bufetes de Madrid, decidiu comezar de cero en Cambados coa intención de saldar contas co seu pasado.
A gala dos XXIII Premios Mestre Mateo celebrarase o vindeiro 15 de marzo en Lalín e recoñecerá o talento das producións galegas máis salientables do último ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?