Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O tecido galego de I+D+i mostrará as súas capacidades en Transfiere 2025 da man de GAIN
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O tecido galego de I+D+i mostrará as súas capacidades en Transfiere 2025 da man de GAIN

S. P.
Publicado: 28/02/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foro-transfiere-2020.jpgA Axencia Galega de Innovación (GAIN) promove a participación do ecosistema galego de I+I na décimo cuarta edición de Transfiere, o foro europeo de ciencia, tecnoloxía e innovación que se celebrará entre os días 12 e 14 de marzo en Málaga. Dende o stand institucional da axencia galega dependente da Consellería de Educación, máis dunha vintena de entidades do ecosistema galego de I+D+i explorarán neste evento novas alianzas e oportunidades para os seus proxectos e capacidades de transferencia de coñecemento.
Evento referencial
Transfiere 2025 é o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é “conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional”. Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, coa finalidade última de xerar alianzas e sinerxías globais.
26 axentes galegos
Estarán presentes os seguintes representantes do tecido innovador, investigador e desenvolvedor da nosa terra: Axencia Galega de Innovación, Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), a Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago de Compostela (CiMUS, CiTIUS, CiQUS, CRETUS), Universidade de Vigo (atlanTTic e CIM), Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC), Centro de Superomputación de Galicia (CESGA), Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA, representada en Transfiere por AIMEN, ANFACO, CETIM, CTAG e Gradiant), Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), Digital Innovation Hub de Galicia (DIHGIGAL), Unirisco, Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec), Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) e Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA).
Novas oportunidades
GAIN impulsa a participación neste evento co obxectivo de “facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia”. A Axencia Galega de Innovación intervirá en tres sesións sobre o Plan Complementario de Transferencia e o seu impacto territorial (13 de marzo), como maximizar o financiamento público da I+D+I a través da cooperación territorial (13 de marzo), e o futuro da carreira profesional na transferencia de tecnoloxía (14 de marzo).
A participación neste foro enmárcase no Programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, que ten como obxectivo mellorar a transferencia dos resultados da investigación realizada nos centros de coñecemento galegos ao tecido produtivo para valorizar o investimento en ciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?