Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Manuel Rubiños, Premio Cátedra EMALCSA-UDC por un traballo sobre a aplicación da IA no consumo da auga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Manuel Rubiños, Premio Cátedra EMALCSA-UDC por un traballo sobre a aplicación da IA no consumo da auga

S. P.
Publicado: 03/03/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

premio_emalcsa_udc.jpgA alcaldesa da Coruña e presidenta do Consello de Administración de EMALCSA, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao Abad, asinaron a renovación por tres anos máis da Cátedra EMALCSA-UDC, creada en 2017 para impulsar a investigación, a transferencia de coñecemento e a formación en xestión sustentablee da auga. No acto de sinatura, que tivo lugar na Reitoría da UDC, entregouse o Premio Cátedra EMALCSA-UDC a Manuel Rubiños polas súas contribucións ao consumo da auga intelixente.
25 proxectos e tres grandes liñas de traballo
Segundo lembraron, durante os seus oito anos de traxectoria, a Cátedra EMALCSA-UDC desenvolveu 25 proxectos enmarcados en tres grandes liñas de investigación: o Plan AdO (Augas dende a Orixe), centrado na calidade das fontes de abastecemento; o Plan ECAD (Excelencia na Auga Distribuída), que analiza a calidade da auga na rede; e o programa Aqualab, destinado á dixitalización e optimización da xestión do sistema urbano de auga. En total, estes proxectos contaron coa participación de máis de 50 investigadores da UDC e cunha achega económica de EMALCSA que rondou os 700.000 euros. O novo convenio supón unha nova achega de 50.000 euros aportados pola empresa pública municipal.
Durante o acto a alcaldesa da Coruña destacou a importancia da colaboración entre as empresas públicas e a Universidade na busca da excelencia nos servizos e na ampliación dos coñecementos: “EMALCSA leva moitos anos implicándose co tecido social, deportivo e educativo desta cidade e da súa contorna, sendo un exemplo a seguir de xestión dunha empresa pública e sendo tamén un modelo de responsabilidade social, os resultados da Cátedra Emalcsa son un bo exemplo do que estou a contar”, indicou Rey.
Pola súa banda, o reitor da UDC, Ricardo Cao, subliñou a importancia da renovación desta cátedra. “A colaboración entre a universidade e EMALCSA permítenos seguir avanzando na investigación e na aplicación de tecnoloxías innovadoras para a xestión da auga, un recurso esencial para o desenvolvemento sustentable”, sinalou.
Entrega de premios
O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica da Coruña, Juan Ignacio Borrego, o director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, presidiron o pasado venres 28 de febreiro a entrega dos IV Premios Cátedra EMALCSA-UDC. No acto estiveron presentes, así mesmo, o director da Cátedra Emalcsa-UDC, Sergio Rodríguez Roiloa, e o director de I+D+i de EMALCSA, Ricardo Vázquez Pérez. Tras a deliberación do xurado, o estudante Manuel Rubiños Trelles fíxose co galardón polo seu traballo Análise mediante técnicas de Intelixencia Artificial de perfís de consumidores de auga en vivendas. A maiores, tendo en conta a “orixinalidade e a rigorosidade” das candidaturas presentadas, outorgáronse, así mesmo, dous accésits e fíxose unha mención especial.
O obxectivo desta iniciativa é “fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sostible da auga entre os estudantes ou titulados de mestrado que presentasen o seu Traballo de Fin de Máster (TFM) na Universidade da Coruña”. Tendo en conta esta premisa, fíxose entrega dos seguintes recoñecementos:
– Premio a Manuel Rubiños Trelles por Análise mediante técnicas de Intelixencia Artificial de perfís de consumidores de auga en vivendas. O tribunal valorou a “orixinalidade e a análise” realizada polo autor, destacando que permitirá “establecer predicións de consumo en sistemas de auga”. Deste xeito, tal e como se conclúe na acta, a aplicación da IA favorecerá o “aforro enerxético e a protección do medio ambiente”, un obxectivo que vai en consonancia ao marco DUSA (Desenvolvemento Urbano Sensible á Auga).
– Accésit a Zulma Elizabeth Villanueva Vera polo estudo Avaliación da codixestión anaeróbica de lodo da depuradora urbana (EDA) e bagazo cervexeito. Neste caso destácase a calidade da “aproximación ao aproveitamento de lodos en depuradoras, incidindo na economía circular” como vía para optimizar os recursos naturais.
– Accésit a Anxo Balado Candal por Bioloxía e ecoloxía do cangrexo invasor Procambarus clarkii no encoro de Abegondo-Cecebre. O xurado definiuna como unha investigación “transcendente sobre unha das principais ameazas á biodiversidade e á calidade do medio”, así como sobre as implicacións desta especie na calidade da auga do encoro.
-Por último, fíxose unha mención especial a Aprendendo ciencia, consumindo con conciencia: unidade didáctica competencial para o desenvolvemento sustentábel, de Sofía Gunturiz Paradela. Tras a entrega dos galardóns, os premiados e premiadas tiveron ocasión de realizar unha exposición individual das súas investigacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?