Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rianxo xa ten banda larga na totalidade do seu territorio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rianxo xa ten banda larga na totalidade do seu territorio

S. P.
Publicado: 03/03/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

delegado_goberno_pedro_blanco_rianxo.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, reuniuse este luns 3 de marzo co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo. Na xuntanza Blanco destacou a estreita colaboración do Goberno de España e o Concello de Rianxo para “mellorar os servizos públicos municipais”, municipio do Barbanza onde leva investidos preto de 2 millóns de euros. Na xeira de traballo tamén participou o concelleiro de Obras, José Alberto Angueira.
Pedro Blanco puxo en valor o “compromiso municipalista” do Goberno de España que se “exemplifica nos proxectos que leva a cabo en Rianxo para avanzar en materia de transición ecolóxica e dixital, así como na promoción turística da vila”.
Así, avaliaron o impacto que ten o Plan de Recuperación do Goberno no Concello, que permitiu modernizar e renovar o Pazo de Martelo, sede da Biblioteca Municipal; levar a banda larga á totalidade do concello (Plan ÚNICO) ou realizar campañas de promoción turística.
Nesta liña, o delegado subliñou a importancia de que os fondos do Plan de Recuperación cheguen a todos os concellos, incluíndo os máis pequenos, tanto para rehabilitar o seu patrimonio, como para mellorar servizos avanzados de comunicación ou aproveitar o seu potencial turístico. “Trátase de garantir ás persoas que viven nos concellos costeiros e rurais un futuro no que conten coas mesmas oportunidades para toda a súa veciñanza”, indicou.
Banda larga
Os logros actuais de cobertura de banda larga en Rianxo, presente na totalidade do territorio, teñen boa parte da súa orixe en 2022, coa colaboración establecida entre a Administración local e a operadora neutra Rede Aberta (Vento Rede), adxudicataria dos incentivos do programa ÚNICO-Banda Larga (Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital) para completar a cobertura en varios municipios da provincia da Coruña. Rede Aberta foi finalmente a encargada de realizar os traballos de subministro de equipamento en Rianxo, levando a súa fibra óptica e a súa Rede ultrarrápida á totalidade dos núcleos de poboación do municipio rianxeiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?