O presidente executivo de Telefónica, Marc Murtra, reivindicou hoxe durante a súa participación na sesión de apertura do Mobile World Congress de Barcelona, a necesidade de que Europa permita a consolidación no sector europeo das telecomunicacións para que as operadoras gañen tamaño e reforcen o seu potencial tecnolóxico.
Murtra salientou que é preciso que permitan «ás grandes empresas europeas de telecomunicacións consolidarse e medrar para crear capacidade tecnolóxica» para «reforzar a autonomía estratéxica europea, desbloquear a produtividade e mellorar a vida da xente».
O presidente de Telefónica sostén que «a Comisión Europea, os Estados membros europeos, os reguladores e outros deben adaptar a súa normativa e os seus obxectivos para permitir a consolidación tecnolóxica e das telecomunicacións». En caso contrario, advertiu, «a posición de Europa no mundo seguirá minguando e non terá capacidade para decidir o seu futuro de forma autónoma».
Basicamente Murtra está a pedir a eliminación das proteccións contra os abusos de posición dominante que hai no sector das telecomunicacións en Europa, asegurando que os operadores con sede en EE.UU. e China «operan como actores dominantes en mercados case monopolísticos».
Telefónica pide en Barcelona maior liberdade para as empresas de telecomunicacións en Europa
Compartir Este Artigo
