Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura conmemora o 8M con proxeccións e a difusión de materiais na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura conmemora o 8M con proxeccións e a difusión de materiais na Rede

S. P.
Publicado: 04/03/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

consello_cultura_galega_8m_a_saia.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) traballar arredor do movemento feminista e da situación das mulleres de xeito permanente e continuado ao longo de todo o ano a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), entre outras actividades. Con todo, arredor da data 8 de marzo, Día internacional das Mulleres, desenvólvense algunhas accións concretas para reforzar e visibilizar esta liña de traballo, poñendo o foco na Rede e nos contidos audiovisuais.
Coma vén sendo habitual, en colaboración coa Filmoteca de Galicia, prográmanse audiovisuais que foron producidos ou dirixidos por mulleres no ciclo Olladas de muller que cumpre 13 edicións e arrinca este mércores 5 (Filmoteca de Galicia, A Coruña, 18:00 horas) coa última película de Margarita Ledo Prefiro condenarme. Ademais, a Hemeroteca Feminista A Saia sobe á Rede unha nova cabeceira para contribuír a divulgar os fondos dos movementos feministas e LGTBIQ+ na historia contemporánea. As entradas do Álbum de Galicia deste mes de marzo están todas protagonizadas por mulleres.
Olladas de muller
Do 5 ao 8 de marzo, regresa á sala José Sellier da Coruña o ciclo gratuíto Olladas de Muller. Organizado en colaboración coa Filmoteca de Galicia arrinca este mércores 5 de marzo coa proxección e coloquio de Prefiro condenarme, de Margarita Ledo Andión. A décimo terceira edición deste filme inclúe, entre outros traballos, as proxección e coloquio dos filmes Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño (xoves 6) e As Neves, de Sonia Méndez (venres 7).
Do Álbum de Galicia á Saia
As entradas do mes de marzo do Álbum de Galicia están dedicadas as mulleres. Arrincan esta semana cunha entrada dobre. O mércores, a coincidir co día habitual de saída das entradas, publícase a biografía da activista feminista Lola Arripe Dopico. O venres, na véspera da celebración, publicarase a entrada da coordinadora Feminista Donicela a cargo de antigas membros do movemento reagrupadas baixo o nome de Coordinadora feminista Donicela Facendo historia. As entradas da pintora Aurichu Pereira, a actriz e cantante Mercedes Mariño González, da condensa de Barrantes, de Julia Becerra Malvar e a de Carmen López Cortón, completan este mes.
No marco do proxecto A Saia, que desenvolve o CCG co ADHUC – Teoria, Gènere, Sexualitat (antes Centre Dona i Literatura) da Universitat de Barcelona, na véspera do 8 de marzo poñeranse en rede vinte número de Exeria, a revista da Asociación Mulleres Cristiás Galegas que foron publicados entre 2004 e 2016. Vinculada ao movementos católicos de base, feministas e galeguistas, tiña como obxectivo informar, debater e difundir as cuestións de interese e as actividade da asociación e da súa rede de relacións nos movementos de teoloxía feminista: European Society of Women in Theological Research, Asociación de Teólogas Españolas, Col·lectiu de Dones en l”Església, redescristianas.net, entre outras. Ofrece un atento seguimento da participación de Exeria na Marcha Mundial das Mulleres. O groso da revista organízase en seccións que recollen os debates e a crónica de actividades, por iso adoitan levar o seu nome (Asemblea de Outono, 8 de marzo, Manta de solidariedade, Mulleres ordenadas, Feminismo hoxe, entre outras). Inclúe, ademais, un apartado de breves, De aquí e acolá e unha listaxe de mulleres asasinadas a causa do feminicidio elaborada pola Federación de Mulleres Separadas e Divorciadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?