Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan ÚNICO dotará de fibra óptica a máis de 1.200 fogares e empresas de Láncara
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan ÚNICO dotará de fibra óptica a máis de 1.200 fogares e empresas de Láncara

S. P.
Publicado: 04/03/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pedro_blanco_lancara.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns 3 de marzo o concello lucense de Láncara, onde fixo un repaso polos investimentos do Executivo central no municipio destinados a acadar un territorio máis conectado e sustentable, en con mellores servizos para a cidadanía. Puxo o foco na fibra óptica e nos esforzos mobilizados para levala a todos os recantos do concello e romper, deste xeito, coa fenda dixital que separa ás cidades do rural.
Na súa visita estivo acompañado polo alcalde, Darío Piñeiro, polo deputado provincial, Pablo Rivera e pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Xuntos analizaron o avance do proxecto de dixitalización en Láncara, que permitirá dotar de fibra óptica a máis de 1.200 familias e empresas deste municipio a través das convocatorias do Plan ÚNICO-Banda Larga.
Na reunión que mantiveron na Casa do Concello, o rexedor trasladou ao delegado os pasos dados en materia de conectividade. En concreto, repasaron o proxecto desenvolvido pola empresa Adamo, que chegou a 87 núcleos de poboación do concello e que require un investimento de 900.000 euros.
Lembraron que o Plan ÚNICO-Banda Larga do Ministerio de Transformación Dixital e Función Pública está financiado polo Plan de Recuperación do Goberno e comezou a executarse no ano 2021. Recordaron tamén que con el, o Goberno financia os proxectos e infraestruturas que precisan as empresas operadoras para chegar a zonas onde non existía esta cobertura nin había previsión de instalación. O Ministerio achega ata o 70 % dos custos (tecnolóxicos, obras, permisos, etc.) para levar a conexión de alta velocidade mentres que as operadoras achegan o importe restante do investimento.
Durante o encontro, o delegado sinalou que este programa, que se atopa xa na fase final de execución, é “un paso moi importante na consecución da cohesión territorial en Galicia, ao garantir que o rural galego teña acceso aos mesmos servizos tecnolóxicos que as áreas máis poboadas”.
Na provincia de Lugo, o Executivo central inviste 26,8 millóns de euros do Plan ÚNICO-Banda Larga para levar esta conectividade a 89.300 vivendas e empresas da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?